Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 2014 Páx. 1637

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1301/2010).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1301/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Yolanda Rodríguez Suárez contra a empresa Tarakan Investment, S.L., Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que estimando integramente a demanda interposta por Yolanda Rodríguez Suárez contra Tarakan Investment, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a lle aboar á demandante, coa responsabilidade do Fogasa nos termos do artigo 33 do Estatuto dos traballadores, a suma de tres mil cincocentos sesenta e seis con oitenta e seis euros (3.566,86 €), polos conceptos indicados no feito probado terceiro desta resolución, máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores respecto da dita cantidade, con todos os efectos legais inherentes a esta declaración.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa esta resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Tarakan Investment, S.L, actualmente en paradoiro descoñecido, insiro este edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2013

A secretaria xudicial