Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 2014 Páx. 1635

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (1014/2012).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 1014/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cristina López Pardo contra Finadri, C.B. e Josefa Castro García, sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza coa seguinte resolución:

«Que, estimando a demanda interposta por Cristina López Pardo contra Finadri, C.B. e Josefa Castro García, debo condenar e condeno a Josefa Castro García a lle aboar á parte demandante a cantidade de 3.019,03 euros máis os xuros legais por mora do 10 % anual respecto dos conceptos salariais, sen prexuízo da responsabilidade que poida ter o Fogasa.

Notifíquese esta sentenza aos representantes legais das partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, por conduto deste xulgado, ante o cal deberá ser anunciado tal propósito mediante comparecencia ou por escrito, e cos demais requisitos exixidos no artigo 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social».

E para que sirva de notificación en forma a Finadri, C.B. e a Josefa Castro García, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 18 de decembro de 2013

O secretario xudicial