Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 2014 Páx. 1633

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (850/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 850/2013, por instancia de Mónica Seijas Pérez contra a empresa Mercacurtis, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre resolución de contrato e cantidade, en que recaeu sentenza con data do 17 de decembro de 2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Estímase parcialmente a demanda interposta por Mónica Seijas Pérez contra a entidade Mercacurtis, S.L. e, en consecuencia:

– Declárase extinguida na data desta resolución a relación laboral que une a demandante coa empresa Mercacurtis, S.L.

– Condénase a empresa Mercacurtis, S.L. a aboar á demandante a cantidade de dezaoito mil cincocentos dezaoito euros con noventa e catro céntimos (18.518,94 euros) en concepto de indemnización, e a cantidade de sete mil cincocentos vinte euros con corenta e nove céntimos (7.520,49 euros) en concepto de salarios debidos.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Mercacurtis, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 20 de decembro de 2013

A secretaria xudicial