Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 2014 Páx. 1613

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2013 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Política Lingüística e Planificación da Lingua Galega.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 15 de abril de 2011 (publicado no BOE do 15 de mayo de 2011 por Resolución do secretario xeral de Universidades do 26 de abril).

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2008, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Política Lingüística e Planificación da Lingua Galega, que quedará estruturado segundo consta no anexo.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2013

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO
Master universitario en Política Lingüística e Planificación da Lingua Galega

Rama de coñecemento: Artes e Humanidades.

Universidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña e Universidade de Vigo.

Cuadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

54

Optativas

6

Módulo de adaptación *

6

Créditos totais

60

* Os titulados noutras licenciaturas distintas a Filoloxía Galega (ou equivalente) deberán cursar obrigatoriamente o módulo de adaptación (6 créditos, repartidos en dúas materias).

Cadro 2. Materias, créditos e distribución temporal do máster

Materias

Créditos

Carácter

Módulo

Conceptos Básicos de Política e Planificación Lingüística

6

OB

Módulo xeral

Dereito Lingüístico e Lexislación

6

OB

Política e Planificación Lingüística do Galego

6

OB

Módulo sobre a situación social do idioma galego

Política, Sociedade e Economía de Galicia

6

OB

A Situación Sociolingüística da Lingua Galega

6

OB

Terminoloxía e Corpus en Lingua Galega

6

OB

Módulo de planificación do corpus do galego

Proceso de Elaboración da Lingua Galega

6

OB

Xestión e Dinamización Sociolingüística

6

OB

Módulo de planificación do status, xestión e dinamización

Asesoramento e Formación Lingüística

6

OB

Prácticas de Investigación en Política Lingüística e Planificación da Lingua Galega

6

OP

Prácticas en política lingüística e planificación da lingua galega

Prácticas profesionais

6

OP

Iniciación á Sociolingüística Galega (1). Aspectos Sociais e Históricos

3

OB

Módulo de adaptación

Iniciación á Sociolingüística Galega (2). Aspectos Lingüísticos

3

OB