Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Mércores, 15 de xaneiro de 2014 Páx. 1615

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2013 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Planificación e Xestión do Desenvolvemento Territorial.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 20 de setembro de 2013 (publicado no BOE do 15 de novembro por Resolución do secretario xeral de Universidades do 24 de outubro).

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2008,

resolve:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial do máster universitario en Planificación e Xestión do Desenvolvemento Territorial, que quedará estruturado segundo consta no anexo.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2013

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO
Máster universitario en Planificación e Xestión do Desenvolvemento Territorial

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Universidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

30

Optativas

24

Traballo fin de máster

6

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e distribución temporal do máster.

Materias

Créditos

Carácter

Módulo

Funcionamento dos Sistemas Terrestres

3

OB

Módulo común

Cambio Ambiental, Territorio e Paisaxe

3

OB

SIG para o Desenvolvemento Territorial

3

OB

TIC, Desenvolvemento Territorial e Sociedade do Coñecemento

3

OB

Métodos e Técnicas de Análise Territorial

3

OB

Planificación Estratéxica e Márketing Urbano

3

OB

Módulo 1: Común

Desenvolvemento Local e Recursos Endóxenos

3

OB

Modelos e Directrices de Ordenación Territorial

3

OB

Planificación Territorial: a Mirada dos Técnicos Públicos e os Xestores Privados

3

OB

Teoría da Localización da Actividade Económica

3

OB

Desenvolvemento Rexional, Sistema de Cidades e Áreas Metropolitanas

3

OP

Módulo 2: Específico

Modelos de Xestión para a Cooperación e o Desenvolvemento

3

OP

Planificación e Xestión do Patrimonio Urbano: Rehabilitación, Renovación e Revitalización

3

OP

Mobilidade e Transporte Sustentable

3

OP

Sistemas Costeiros

3

OP

Sistemas de Montaña

3

OP

Sistemas Fluviais

3

OP

Planificación e Xestión Ambiental dos Espazos Urbanizados

3

OP

Metodoloxía da Investigación (Itinerario profesional)

3

OP

Módulo 3: Itinerario profesional

Prácticas Externas (Itinerario profesional)

9

OP

Metodoloxía da Investigación (Itinerario investigador)

6

OP

Módulo 4: Itinerario investigador

Prácticas Externas (Itinerario investigador)

6

OP

Traballo Fin de Máster

6

OB

Módulo 5: Traballo Fin de Máster