Tras ser convocada pola Resolución LD 3/2013, do 19 de agosto de 2013 (DOG nº 177, do 17 de setembro), a provisión do posto de supervisión da Área Funcional de Unidades Especiais, esta xerencia, de conformidade coa competencia atribuída no artigo 3 da Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde (DOG nº 106, do 5 de xuño) e a Orde do 5 de xullo de 2012 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,
DISPÓN:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión do posto de supervisión da Área Funcional de Unidades Especiais na Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, convocada pola Resolución do 19 de agosto de 2013.
Segundo. Nomear para o posto que se indica a persoa citada no anexo desta resolución.
Terceiro. O aspirante nomeado deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos 3 días hábiles seguintes a aquel en que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberase efectuar dentro dos 3 días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de 15 días hábiles se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.
Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.
O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo e percibiranse os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a Orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.
Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular e será declarado nesa situación polo órgano competente quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.
Cuarto. Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos dos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
Vigo, 18 de decembro de 2013
Mario González González
Xerente de Xestión Integrada de Vigo
ANEXO
Denominación do posto: supervisión da Área Funcional de Unidades Especiais.
Nome e apelidos: Mercedes Millán Fernández.
DNI: 36049561M.