Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Electra de Cabalar, S.L.
Domicilio social: Arnoso, 1, 15613 A Capela.
Denominación: LMTAS 15 kV CsyT 100 kV RBTAS Buíña.
Situación: concello da Capela.
Características técnicas:
Líña eléctrica de media tensión soterrada a 15 kV, cunha lonxitude de 0,208 km, con orixe e final nos Pa/s do apoio (que se substituirán por C AE 18/4500 T40R) nº 10 da liña LMT Barreiro-Goente (expediente 51.179) en condutor 2*RHZ1-2OL 12/20 kV- 3×(1×150) Al unha vez entre e saia do centro de seccionamento/transformación proxectado.
Líña eléctrica de media tensión soterrada a 15 kV, cunha lonxitude de 0,208 km, con orixe no centro de seccionamento/transformación proxectado e remate nos Pa/s do apoio (que se substituirán por C AE 18/4500 T40R) nº 10 da liña LMT Barreiro-Goente (expediente 51.179) onde se conectará a LMT A Grúa (expediente 50.706), en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV- 3×(1×95) Al.
Centro de seccionamento/transformación prefabricado, cunha potencia de 100 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V, disposición 2L+2P.
Rede de baixa tensión aero-subterránea para conexión da actual RBT Buíña desde o seccionamento/transformación proxectado.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 10 de decembro de 2013
Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña