Publicadas as relacións provisorias de aptos e non aptos correspondentes ás probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril, convocadas mediante Resolución do 23 de xullo de 2013, da Dirección Xeral de Mobilidade (Diario Oficial de Galicia núm. 149, do 6 de agosto), e unha vez transcorrido o prazo de presentación de reclamacións, o tribunal designado para cualificar as ditas probas
ACORDA:
Primeiro. Declarar definitivas as relacións provisorias de aptos e non aptos.
Segundo. Expoñer as ditas relacións nos lugares establecidos para o efecto na resolución da convocatoria.
Terceiro. Remitir á Dirección Xeral de Mobilidade a relación definitiva de aprobados; todo isto coa finalidade de que, tras o aboamento das taxas legalmente establecidas, se proceda á expedición dos correspondentes certificados de conselleiros de seguridade.
Cuarto. Publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia.
Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Transcorridos tres meses desde a presentación do referido recurso sen que se notifique a súa resolución, entenderase desestimado e quedará expedita a vía procedente.
Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2013
Mercedes López Caneda
Presidenta do tribunal