Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2014 Páx. 1352

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 8 de xaneiro de 2014 pola que se convocan para a elección de destino definitivo os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de telecomunicacións, convocado pola Orde do 10 de marzo de 2008.

En virtude da Orde do 10 de marzo de 2008 (DOG núm. 56, do 24 de marzo), convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de telecomunicacións.

Mediante a Orde do 24 de setembro de 2009 (DOG núm. 191, do 29 de setembro) foron nomeados funcionarios da dita escala e adxudicáronselles destinos provisionais.

En atención a todo o exposto e segundo o disposto na Lei 7/2007, do 12 de abril; no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e na demais normativa concordante, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar os funcionarios en destino provisional que figuran na Orde do 24 de setembro de 2009, pola que se procede ao nomeamento como funcionarios do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de telecomunicacións, ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar no salón de actos número 2 (pequeno) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 15 de xaneiro de 2014, ás 10.00 horas.

Segundo. Os funcionarios convocados poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde segundo a orde acadada no proceso selectivo, sempre que reúnan as condicións exixidas nel.

O aspirante da quenda de promoción interna terá en todo caso preferencia sobre o aspirante proveniente do sistema de acceso libre para cubrir as vacantes correspondentes.

Terceiro. Os funcionarios deberán ir provistos de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non compareceren persoalmente, poderán ser representados por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Cuarto. Aos funcionarios que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino definitivo as prazas que lles correspondan atendendo á orde de publicación destas e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas aos/ás aspirantes presentes ou representados/as, entre as que quedaren sen adxudicar.

Quinto. Exceptúanse do disposto no punto anterior os/as aspirantes que ocupen un posto ao cal fosen adscritos/as polo sistema de libre designación. Neste caso, a incomparecencia ao acto implicará a opción por permanecer nese posto.

Sexto. Os aspirantes poderán solicitar seren declarados en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular, reguladas no artigo 57.1 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, redacción dada polo artigo 25 da Lei 15/2010, do 28 de decembro (DOG núm. 250, do 30 de decembro). Nestes supostos deberán presentarse ao chamamento cun certificado do/da responsable da súa unidade de persoal en que conste a condición con que presta servizos na actualidade.

Sétimo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2014

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

Núm.

Código do posto

Niv.

Grupo

Corpo/escala

Denominación

Cons.

Centro directivo

Centro de destino

Concello

Titulación requirida

Formación específica

Observacións

1

PX2010000215770016

26

A1

Especial

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

PR

Secretaría Xeral de Medios

S. X. de Enxeñaría e Planificación de Radio, Televisión e Multimedia

Santiago de Compostela

Enxeñaría de telecomunicacións

 

 

2

PR9010000015770005

26

A1

Especial

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

PR

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Dirección)

Santiago de Compostela

Enxeñaría de telecomunicacións

 

 

3

MAC050000115770025

25

A1

Especial

Unidade Intervención Ambiental I

MA

Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

S. X. de Coordinación Ambiental

Santiago de Compostela

Enxeñaría superior

Experiencia inspección ambiental e coñecementos técnicas ambientais (mérito)

 

4

MAC050000115770029

25

A1

Especial

Unidade Intervención Ambiental V

MA

Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

S. X. de Coordinación Ambiental

Santiago de Compostela

Enxeñaría superior

Experiencia inspección ambiental e coñecementos técnicas ambientais (mérito)

 

5

MAC050000115770031

25

A1

Especial

Unidade Intervención Ambiental VII

MA

Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

S. X. de Coordinación Ambiental

Santiago de Compostela

Enxeñaría superior

Experiencia inspección ambiental e coñecementos técnicas ambientais (mérito)

 

6

MAC050000115770034

25

A1

Especial

Unidade Intervención Ambiental IX

MA

Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

S. X. de Coordinación Ambiental

Santiago de Compostela

Enxeñaría superior

Experiencia inspección ambiental e coñecementos técnicas ambientais (mérito)

 

7

MAC991000532001005

25

A1

Especial

Xefatura Sección Xestión Ambiental II

MA

Servizos periféricos

Servizo de Calidade Ambiental (Ourense)

Ourense

Enxeñaría superior

Experiencia xestión medioambiental (mérito)

 

8

INC030000015770007

26

A1

Especial

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

IN

Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación

D. X. de Investigación, Desenvolvemento e Innovación

Santiago de Compostela

Enxeñaría de telecomunicacións