Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Venres, 10 de xaneiro de 2014 Páx. 1161

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifican os acordos de iniciación dos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos número OU-E-257/13 e outros.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo que se achega o acordo de iniciación recaído nos expedientes sancionadores por infracción á Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles aos xefes territoriais da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución aos órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1º.d) da LOSC e a disposición transitoria primeira do Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as xefaturas territoriais da Xunta de Galicia (DOG do 1 de maio de 2009).

Infórmase de que, de conformidade co establecido no artigo 135 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e nos artigos 3, 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), conta cun prazo de quince días hábiles contados desde a publicación para exercer perante a instrutora o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examinar o expediente nestas dependencias. Igualmente poderá exercer o dereito de recusación nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A tramitación do expediente realízase na oficina desta xefatura territorial da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita na avenida da Habana, nº 79-2º, Ourense.

No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Ourense, 18 de decembro de 2013

Marisol Díaz Mouteira
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: OU-E-257/13.

NIF: 36145787E.

Denunciado: Jorge Fernández Rodríguez.

Enderezo: r/ Cervantes, nº 16, A Terrachá, Entrimo (Ourense).

Establecemento: Tropical, r/ Cervantes, nº 16, A Terrachá, Entrimo (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 23.o) da LO 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola LO 4/1997.

Número de expediente: OU-E-259/13.

NIF: 44480440G.

Denunciado: Óscar Fernández Villarino.

Enderezo: r/ Curros Enríquez, nº 25-baixo, Xinzo de Limia (Ourense).

Establecemento: Ozono, r/ Curros Enríquez, nº 25 baixo, Xinzo de Limia (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da LO 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola LO 4/1997.

Número de expediente: OU-E-260/13.

NIF: 44480440G.

Denunciado: Óscar Fernández Villarino.

Enderezo: r/ Curros Enríquez, nº 25 baixo, Xinzo de Limia (Ourense).

Establecemento: Ozono, r/ Curros Enríquez, nº 25 baixo, Xinzo de Limia (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da LO 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola LO 4/1997.