Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Venres, 10 de xaneiro de 2014 Páx. 1201

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia a contratación suxeita a regulación harmonizada, por procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de limpeza de diversas instalacións dependentes desta xefatura territorial (seis lotes) (expediente 123/2013).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial de Lugo.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Xefatura Territorial de Lugo.

2. Domicilio: rolda da Muralla 70, baixo.

3. Localidade e código postal: Lugo 27071.

4. Teléfono: 982 29 41 01, fax: 982 29 49 74.

5. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.contratosdegalicia.es

6. Data límite de obtención de documentos e información: ata o final do prazo de presentación das proposicións.

d) Nº de expediente: 123/2013.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contratación do servizo de limpeza de diversas instalacións dependentes da Xefatura Territorial de Lugo.

c) División por lotes e número de lotes: seis lotes.

Lote 1: limpeza da Residencia de Maiores das Gándaras.

Lote 2: limpeza de cristais na Residencia de Maiores de Burela.

Lote 3: limpeza do Centro Educativo Santo Anxo da Garda.

Lote 4: limpeza da Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades.

Lote 5: limpeza de centros sociocomunitarios.

Lote 6: limpeza da Casa da Xuventude de Chantada.

d) Lugar de execución:

Lote 1: Residencia de Maiores As Gándaras (Lugo).

Lote 2: Residencia de Maiores de Burela (Burela).

Lote 3: Centro Educativo Santo Anxo da Garda (Rábade).

Lote 4: Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades (Lugo).

Lote 5: Centro Sociocomunitario A Milagrosa (Lugo).

Centro Sociocomunitario de Ribadeo (Ribadeo).

Centro Sociocomunitario de Mondoñedo (Mondoñedo).

Lote 6: Casa da Xuventude de Chantada (Chantada).

e) Prazo de execución: 2 anos.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 90911200-8.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: ver prego.

4. Orzamento de licitación:

– Lote 1. Importe neto: catrocentos noventa e cinco mil oitocentos sesenta e sete euros con setenta e sete céntimos (495.867,77 €).

IVE (21 %): cento catro mil cento trinta e dous euros con vinte e tres céntimos (104.132,23 €).

Importe total: seiscentos mil euros (600.000 €).

– Lote 2. Importe neto: corenta e cinco mil seiscentos euros (45.600 €).

IVE (21 %): nove mil cincocentos setenta e seis euros (9.576 €).

Importe total: cincuenta e cinco mil cento setenta e seis euros (55.176 €).

– Lote 3. Importe neto: corenta e oito mil euros (48.000 €).

IVE (21 %): dez mil oitenta euros (10.080 €).

Importe total: cincuenta e oito mil oitenta euros (58.080 €).

– Lote 4. Importe neto: trinta e oito mil catrocentos setenta e nove euros con trinta e catro céntimos (38.479,34 €).

IVE (21 %): oito mil oitenta euros con sesenta e seis céntimos (8.080,66 €).

Importe total: corenta e seis mil cincocentos sesenta euros (46.560 €).

– Lote 5. Importe neto: noventa e nove mil cento setenta e tres euros con cincuenta e cinco céntimos (99.173,55 €).

IVE (21%): vinte mil oitocentos vinte e seis euros con corenta e cinco céntimos (20.826,45 €).

Importe total: cento vinte mil euros (120.000 €).

– Lote 6. Importe neto: vinte e seis mil cento oitenta e un euros con oitenta e dous céntimos (26.181,82 €).

IVE (21 %): cinco mil catrocentos noventa e oito euros con dezaoito céntimos (5.498,18 €).

Importe total: trinta e un mil seiscentos oitenta euros (31.680 €).

5. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría C para o lote 1.

Nos demais lotes non se exixe clasificación.

b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas e de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 25 de xaneiro de 2014.

b) Modalidade de presentación: as ofertas pódense presentar en man ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral do edificio administrativo da Xunta de Galicia de Lugo.

2. Domicilio: rolda da Muralla 70, baixo.

3. Localidade e código postal: Lugo 27071.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o que o adxudicatario estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Xefatura Territorial de Lugo, na hora e data que será anunciada con tres días hábiles de antelación no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/

9. Gastos de publicidade: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Lugo, 16 de decembro de 2013

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo