Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Venres, 10 de xaneiro de 2014 Páx. 1206

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 2 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fan públicas dúas resolucións do 2 de novembro de 2012 de non concesión de axuda ou subvención ao Programa para a promoción do emprego autónomo, reguladas na Orde do 30 de decembro de 2011 (Diario Oficial de Galicia do 20 de xaneiro de 2012), relativa aos expedientes TR341D 2012/511-2 e TR341D 2012/512-2.

Unha vez intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber que pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla nº 70, baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 2 de decembro de 2013

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR341D 2012/511-2.

Nome: Juan José Miranda Gómez.

DNI/NIF: 76582049-F.

Último enderezo coñecido: rúa Maior 47, baixo, 27600 Sarria, Lugo.

Contido da resolución: non concederlle a axuda ou subvención ao nun cumprir coas obrigas do artigo 17.1 da Orde do 30 de decembro de 2011, de realizar a actividade que fundamenta a concesión durante un tempo mínimo de tres anos.

Nº de expediente: TR341D 2012/512-2.

Nome: Juan José Miranda Gómez.

DNI/NIF: 76582049-F.

Último enderezo coñecido: rúa Maior 47, baixo, 27600 Sarria, Lugo.

Contido da resolución: non concederlle a axuda ou subvención ao nun cumprir coas obrigas do artigo 17.1 da Orde do 30 de decembro de 2011, de realizar a actividade que fundamenta a concesión durante un tempo mínimo de tres anos.