Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 9 de xaneiro de 2014 Páx. 876

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (74/2013).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 74/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Lestón Lestón contra a empresa Mármoles y Granitos Osjo, S.C. sobre ordinario, se ditou Decreto 634/2013, do 4 de decembro, declarado firme no día de hoxe, polo cal se declarou a insolvencia total, que se entenderá para todos os efectos como provisional, do executado Mármoles y Granitos Osjo, S.C. (CIF J70165295), pola suma de 3.793 euros, o que se fai público para os efectos previstos no artigo 276.5 da Lei de xurisdición social.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2013

A secretaria xudicial