Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 9 de xaneiro de 2014 Páx. 860

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (465/2013).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 465/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Jesús Anido Pallas contra a empresa Textil Locer, S.L., Fondo de Garantía Salarial, administrador concursal de Textil Locer, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Sentenza 686/2013.

Autos 465/2013.

A Coruña, 29 de novembro de 2013.

Miguel Herrero Liaño, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver estes autos seguidos neste xulgado co número 465/2013 entre partes, dunha e como demandante María Jesús Anido Pallas, que comparece asistida da letrada Sra. Pena Barreiro, e doutra como demandada, a empresa Textil Locer, S.L., que non comparece, con intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial, que non comparece, e da administración concursal da empresa, que comparece representada pola letrada Sra. Lapido Taboada, sobre resolución de contrato e cantidade, pronunciou, en nome do rei, a seguinte sentenza:

Resolvo:

Estímase parcialmente a demanda formulada por María Jesús Anido Pallas fronte a Textil Locer, S.L., con intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial e administración concursal, conforme os seguintes pronunciamentos:

– Desestímase a pretensión de declarar a resolución do contrato de traballo por incumprimento grave e culpable da empresa.

– Estímase a reclamación salarial, condenando a empresa a aboar á parte demandante a cantidade de 6.208,34 euros, que se incrementarán cos xuros moratorios sinalados no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Modo de impugnación. Advírtese as partes que contra esta resolución poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto a nome desta oficina xudicial, co número 1532/0000/36/0465/13, debendo indicar no campo concepto “recurso” seguido do código “34 Social Suplicación”, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario ao primeiro requirimento indefinido por tal cantidade, no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalo a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así o acorda, manda e asina Miguel Herrero Liaño, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña.

E para que sirva de notificación en legal forma a Textil Locer, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de decembro de 2013

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial