Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Xoves, 9 de xaneiro de 2014 Páx. 856

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3163/2013-CON).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3163/2013 desta sección, seguido por instancia de Petra Carrancio Martín contra a empresa Construcciones y Montajes Agal, S.A. e outros, sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

Rexeitamos o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de Petra Carrancio Martín contra a Sentenza do 3.4.2013, ditada polo Xulgado do Social número 1 dos da Coruña, en proceso por despedimento promovido pola recorrente contra Construcciones y Montajes Agal, S.A. (Cymasa), en situación de concurso, e Marco Energy Systems, S.L.U., e confirmamos a sentenza de instancia.

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Construcciones y Montajes Agal, S.A., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 11 de decembro de 2013

A secretaria xudicial