Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 8 de xaneiro de 2014 Páx. 743

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Marín

ANUNCIO de licitación do contrato administrativo especial do servizo bar-restaurante na praia de Portocelo.

1. Entidade contratante:

– Organismo: Concello de Marín. Aprobado o expediente e iniciada a licitación mediante acordo da Xunta de Goberno Local de data 5.12.2013.

– Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

– Expediente: 558/13.

– Obtención de documentación: Servizo de Secretaría, avda. de Ourense, s/n, Marín (Pontevedra), teléfono 986 88 03 00, fax 986 88 20 13, enderezo da internet do perfil do contratante: www.concellodemarin.es

2. Obxecto do contrato:

– Tipo de contrato: contrato administrativo especial do servizo de bar-restaurante na praia de Portocelo.

– Obxecto do contrato: a prestación do servizo de bar-restaurante nun equipamento público de titularidade municipal destinado o uso xeral, situado na praia de Portocelo.

– Non suxeito a regulación harmonizada.

– CPV: 55300000-3 e 55330000-2 ou similares.

4. Canon mínimo: 200,00 €, mensuais máis IVE (21 %).

5. Duración: dous (2) anos, prorrogables ano a ano ata un máximo de catro anos.

6. Tramitación e procedemento:

– Tramitación: ordinaria.

– Procedemento de adxudicación: aberto con varios criterios de valoración.

– Criterios de adxudicación: 1. Canon. Ata 70 puntos. 2. Memoria de desenvolvemento do servizo: ata 30 puntos.

7. Requisitos específicos do contratista:

– Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: solvencia económica e financeira: declaración apropiada de entidades financeiras. Tratándose de persoas xurídicas, ademais do medio anterior poderán acreditar a solvencia mediante a presentación das contas anuais ou extracto delas (ver cláusula 11.4 do prego). Requisitos mínimos de solvencia técnica ou profesional: deberá acreditarse unha experiencia mínima de 1 ano no ramo da hostalaría. Acreditación da solvencia técnica ou profesional: para a acreditación deste requisito, as persoas físicas deberán achegar certificado do empregador ou informe de vida laboral e as persoas xurídicas relación dos principais servizos ou traballos realizados que acredite a devandita experiencia no sector (ver cláusula 11.5 do prego).

– Outros requisitos específicos: capacidade de obrar, non prohibición para contratar, non estar incurso en incompatibilidades, cumprimento das obrigas coa Seguridade Social, cumprimento coas obrigas tributarias. Para as empresas estranxeiras, declaración de sometemento á lexislación española.

8. Presentación de ofertas:

– Data límite de presentación: vinte e seis (26) días hábiles contados desde o día seguinte ao da derradeira publicación (DOG, BOP ou perfil do contratante), finalizando ás 14.00 horas do último día de prazo. Se o último día do prazo para presentar proposicións for inhábil, enténdese prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

– Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Marín, avenida de Ourense, s/n, Marín, das 9.00 ás 14.00 horas, agás o sábado que será das 9.00 ás 13.00 horas.

9. Gastos de anuncios: serán de conta do adxudicatario ata o límite de 1.000,00 €.

Marín, 5 de decembro de 2013

María Ramallo Vázquez
Alcaldesa