Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 8 de xaneiro de 2014 Páx. 745

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Miño

ANUNCIO de rectificación de erros detectados no prego de prescricións técnicas do expediente de contratación do servizo de mantemento das instalacións eléctricas do Concello de Miño, que inclúe a iluminación de Nadal, e apertura dun novo prazo para a presentación de ofertas.

En relación co expediente de contratación do contrato de servizo de mantemento das instalacións de iluminación pública e as instalacións eléctricas do Concello de Miño, incluíndo a subministración, instalación, mantemento, montaxe e desmontaxe da iluminación de Nadal, despois de observarse erros materiais no prego de prescricións técnicas, acordouse, por Resolución de Alcaldía do día 10 de decembro de 2013, a súa rectificación:

1. Erros detectados:

1º. Quinto parágrafo do punto 16 do prego de prescricións técnicas:

16. Control de lámpadas en servizo e reparación de avarías.

...

Polo que respecta á reparación das avarías producidas por terceiros (puntos chocados, causadas por obras e produto de desastres naturais) e ás provocadas por soportes oxidados ou elementos instalados que estean fóra de normas ou obsoletos, aplicaranse os prezos unitarios ofertados polo contratista na súa oferta económica.

Texto correcto que substitúe o anterior:

16. Control de lámpadas en servizo e reparación de avarías.

...

Polo que respecta á reparación das avarías producidas por terceiros (puntos chocados, causadas por obras e produto de desastres naturais) e ás provocadas por soportes oxidados ou elementos instalados que estean fóra de normas ou obsoletos, procederase na forma indicada no punto 18 do presente prego.

2º. Terceiro parágrafo do punto 34 do prego de prescricións técnicas:

34. Responsabilidades do contratista

Será igualmente responsable da calidade dos equipamentos instalados, da súa alimentación eléctrica, das proteccións contra contactos directos e indirectos.

Texto correcto que substitúe o anterior:

34. Responsabilidades do contratista.

Será igualmente responsable da calidade dos equipamentos instalados e das proteccións contra contactos directos e indirectos.

2. Novo prazo de entrega de proposicións:

Ábrese un novo prazo para a presentación de oferta que será de 15 días naturais que se contarán desde a derradeira publicación do presente anuncio de corrección no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no perfil de contratante.

3. Os pregos de prescricións técnicas corrixidos publicaranse no perfil de contratante.

Miño, 11 de decembro de 2013

Eva Vilariño González
Concelleira delegada da Área de Urbanismo, Facenda e Persoal