Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Mércores, 8 de xaneiro de 2014 Páx. 697

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 17 de decembro de 2013, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expedientes PO-00145-O-2013 e XC-00968-O-2013).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións que o director xeral de Mobilidade ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Fáiselles saber que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do 25 % do seu importe na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2013

Mercedes López Caneda
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

PO-00145-O-2013

3066-FXG

Garda Civil 3601 Q92637T

Trans Barral, S.L.

B36348092

Lugar de Casal, 19,

Poio, Pontevedra

Non levar inserido no tacógrafo a folla de rexistro ou tarxeta de condutor durante a prestación do servizo ou non ter efectuado os documentos impresos ao inicio e á finalización da viaxe nos supostos de deterioración ou mal funcionamento da tarxeta de condutor ou en caso de que esta non conste no seu poder.

9.11.2012; 11.07; PO-531; 4,800

Art. 140.22 LOTT

Art. 197.22 ROTT

Art. 143.1.h) LOTT

Art. 201.1.h) ROTT

3.301

XC-00968-O-2013

M-0723-OK

Garda Civil 1504 H-74822-F

Maña, S.L.

B15092836

Lg. A Devesa-Raxo-Cacheiras

15886 Teo, A Coruña

A carencia de follas de rexistro do aparello de control, da tarxeta de condutor ou dos documentos impresos obrigatorios que exista obriga de levar no vehículo.

9.1.2013; 12.33; N-550; 0047,000

Art. 140.24 LOTT

Art. 197.24 ROTT

Art. 143.1.g) LOTT

Art. 201.1.g) ROTT

2.001