Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 7 de xaneiro de 2014 Páx. 462

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 13 de decembro de 2013 polo que se publica o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 28 de novembro de 2013 polo que se aproba o expediente de información pública e, definitivamente, o proxecto de trazado e estudo de impacto ambiental, documento complementario para información pública da vía de alta capacidade O Barqueiro-San Cibrao, treito enlace centro de Viveiro, de clave LU/00/063.01.3.0.

O proxecto de trazado e estudo de impacto ambiental, documento complementario para información pública da vía de alta capacidade O Barqueiro-San Cibrao, treito enlace centro de Viveiro, de clave LU/00/063.01.3.0, foi aprobado provisionalmente por resolución da Dirección Xeral de Infraestruturas do 21 de xullo de 2010 e, posteriormente, foi sometido aos trámites de información pública e informe das administracións afectadas por resolución da Dirección Xeral de Infraestruturas do 26 de xullo de 2010, publicada no Diario Oficial de Galicia do 6 de agosto de 2010.

Para os efectos anteriores, o proxecto de trazado e o seu correspondente estudo de impacto ambiental estiveron expostos ao público, durante trinta días hábiles, no Concello de Viveiro, no Servizo de Infraestruturas da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo e na Dirección Xeral de Infraestruturas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Durante o período de información pública e petición de informes ás administracións afectadas, recibíronse unha serie de alegacións e informes que foron convenientemente analizados e aos cales se deu resposta no correspondente informe de alegacións, emitido pola dirección do proxecto en decembro de 2011, co visto e prace da Subdirección Xeral de Planificación e Programación.

En concreto, dous dos informes emitidos, o da Deputación Provincial de Lugo e o do Concello de Viveiro, rexeitan, por diversos motivos, o trazado proposto, polo que, ao abeiro do artigo 15.2 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, a competencia para aprobar definitivamente o proxecto de trazado e para resolver o expediente de informe das administracións afectadas corresponde ao Consello da Xunta de Galicia.

Con data do 16 de marzo de 2012, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a declaración de impacto ambiental relativa ao antedito documento, que foi publicada no Diario Oficial de Galicia do 14 de xuño de 2012, por resolución da Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas do 28 de maio de 2012.

Visto todo o que antecede e, en concreto, o informe de alegacións emitido pola dirección do proxecto en decembro de 2011, co visto e prace da Subdirección Xeral de Planificación e Programación, e os fundamentos xurídicos e técnicos expostos na proposta de acordo elevada ao Consello da Xunta de Galicia pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, o Consello da Xunta de Galicia, na súa sesión do 28 de novembro de 2013, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar, ao abeiro do artigo 15.2 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, o expediente de información pública e informe das administracións afectadas e definitivamente o proxecto de trazado e estudo de impacto ambiental, documento complementario para información pública, da vía de alta capacidade O Barqueiro-San Cibrao, treito enlace centro de Viveiro, de clave LU/00/063.01.3.0, tendo en conta que para a redacción do proxecto de construción se deberán considerar os seguintes aspectos:

a) Mellora da permeabilidade, mellora da mobilidade local e de acceso ao corredor.

b) Redución das afeccións a bens e dereitos, en concreto desprazando a rotonda da LU-540, e desprazando suavemente o tronco da vía de alta capacidade para minimizar os efectos indirectos sobre as vivendas do lugar da Rúa Nova.

c) Minoración de impacto sobre a paisaxe no contorno da igrexa de Magazos mediante a conservación da actual barreira vexetal aumentando a zona de dominio público.

d) Consideración dos aspectos mencionados nos informes emitidos pola Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe, pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza e pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, todos eles recollidos na declaración de impacto ambiental.

Segundo. Nas fases posteriores do proxecto e durante a execución da obra, cumpriranse as prescricións da declaración de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental na súa Resolución do 16 de marzo de 2012.

Terceiro. Consonte establece o artigo 15.3 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, ordénase a modificación ou revisión do planeamento urbanístico do Concello de Viveiro, afectado polo proxecto de trazado e o estudo impacto ambiental aprobado, o cal deberá acomodarse ás determinacións do proxecto de trazado no prazo dun ano desde a súa aprobación.

Cuarto. O proxecto de construción que desenvolva o proxecto de trazado deberá axustarse ás indicacións recollidas nesta resolución.

Quinto. Así mesmo, na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es/tema/c/Infraestruturas_Estradas) porase á disposición dos interesados un documento coa planta do proxecto de trazado aprobado.

Sexto. Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou ben recurso potestativo de reposición ante o Consello da Xunta de Galicia no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Sétimo. Este acordo farase público no Diario Oficial de Galicia para xeral coñecemento».

O que se fai público para xeral coñecemento, en cumprimento do indicado no punto sétimo do antedito Acordo do Consello da Xunta de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2013

Ethel María Vázquez Mourelle
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas