Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 7 de xaneiro de 2014 Páx. 438

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 11 de decembro de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai pública a decisión de non someter a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) para delimitar un ámbito de solo urbanizable industrial do concello de Dodro ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica.

Faise pública a decisión do 10 de decembro de 2013 de non someter a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) para delimitar un ámbito de solo urbanizable industrial do concello de Dodro ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica previsto na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, en cumprimento do disposto no artigo 4 da dita lei.

Esta decisión pódese consultar no seguinte enderezo da internet:

http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave introducindo o código 1590/2013.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental