Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 7 de xaneiro de 2014 Páx. 435

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 9 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para ser notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores en materia de residuos LU-RES 2013/135 e LU-RES 2013/234.

De conformidade co disposto nos artigos 58 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto obxecto de notificación foi adoptado polo xefe territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e pola instrutora do procedemento sancionador.

A comparecencia debera efectuarse no prazo de dez días, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, en horario de 9.00 a 14.00 horas e de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, 70, 2º, do termo municipal de Lugo.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao día final do prazo fixado.

Lugo, 9 de decembro de 2013

José Mª López Vega
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-RES 2013/135.

Denunciado: Ion Stefan.

Acto notificado: proposta de resolución de expediente sancionador.

Expediente: LU-RES 2013/234.

Denunciado: Rubén González Folgueira.

Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.