De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e exposición no taboleiro de edictos do Concello de Cangas a Francisco Javier Rosendo Pérez requirimento previo de desafiuzamento administrativo do departamento número 16 de Cangas destinado a almacén de aparellos, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no último enderezo coñecido sito na avda. José M. Castroviejo, 49-1º, de Cangas, Pontevedra.
Segundo informe da Xefatura da Zona Sur, por atoparse vencida a anterior autorización remitíronse requirimentos para solicitar nova autorización ou proceder ao desaloxo do departamento no 17 de outubro e no 5 de decembro de 2012, e no 9 de outubro de 2013, requirimentos que en todos os casos foron devoltos polo servizo de Correos.
O presente acto administrativo que emite a presidencia do Consello de Administración da entidade pública Portos de Galicia, de acordo coas competencias previstas no artigo 114 da Lei 5/2011, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, se emite ao abeiro do artigo 113 desa lei, do artigo 103 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, que aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, e do artigo 31 do Decreto 227/1995, que aproba o regulamento da entidade pública Portos de Galicia.
Outórgase trámite de audiencia por un prazo máximo de 10 días hábiles contados desde a publicación da presente cédula no Diario Oficial de Galicia, ou da súa exposición no taboleiro de edictos do Concello de Cangas, durante o cal poderán formularse alegacións e presentarse os documentos ou xustificacións que se consideren pertinentes. Durante o dito prazo poderá solicitarse nova autorización para regularizar a ocupación.
A instrución do presente procedemento recae no xefe da División Xurídica de Portos de Galicia, Jesús Javier Fernández Barro, sendo o seu réxime de abstención e recusación o previsto nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Contra o presente acto administrativo de iniciación non se admitirán accións interditais ou para a tutela sumaria da posesión das previstas na Lei de axuizamento civil.
E para que conste e lle sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.
Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2013
José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia