Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 3 de xaneiro de 2014 Páx. 214

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Carballiño

EDICTO (210/2011).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

Auto.

Maxistrada xuíza: Ana María Gómez Bande.

O Carballiño, 17 de abril de 2013.

Parte dispositiva.

Acordo:

1. Estimar a petición de recoñecemento da resolución estranxeira, sentenza xudicial número 237, ditada en proceso de divorcio polo Xulgado Segundo Seccional de Familia do Primeiro Circuíto Xudicial de Panamá, o 18 de abril de 2008, pola que se declara disolto o vínculo matrimonial que unía a Rosa María Prieto Bouzas e José Manuel Fernández Otero.

2. Firme que sexa a presente resolución, procédase á súa inscrición no Rexistro Civil de Boborás, onde, no tomo 27, folio 271 da sección 2ª, figura inscrito o matrimonio canónico celebrado en Moreiras (Boborás) o día 21 de febreiro de 1987.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interpoñerá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela. O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LAC). Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente. O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banesto (0030) na conta deste expediente 3208 0000 sinalando no campo «concepto» a indicación «recurso» seguida do código «02 civil-apelación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separada por un espazo a indicación «recurso» seguida do código «02 civil-apelación». No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo observacións a data da resolución recorrida co formato dd/mm/aaaa. Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe. Seguen sinaturas e rúbricas.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de José Manuel Fernández Otero, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

O Carballiño, 4 de novembro de 2013

O secretario xudicial