Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 3 de xaneiro de 2014 Páx. 192

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2013 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 2 de maio de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a entidades privadas para incentivar o turismo mediante a dotación de equipamento para empresas de servizos turísticos complementarios na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/1997, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, así como no artigo 20 das bases reguladoras da convocatoria,

RESOLVO:

Facer público no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Axencia Turismo de Galicia (http://turismo.xunta.es//) o resultado do proceso de concesión das subvencións previstas con cargo á aplicación orzamentaria 04.A2.761A.770.0, crédito orzamentario 200.000 €, que figuran no anexo desta resolución, concedidas ao abeiro da Resolución do 2 de maio de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a entidades privadas para incentivar o turismo mediante a dotación de equipamento para empresas de servizos turísticos complementarios na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede a súa convocatoria para o ano 2013.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2013

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO
Subvencións a entidades privadas para incentivar o turismo mediante
a dotación de equipamento para empresas de servizos turísticos
complementarios na Comunidade Autónoma de Galicia

Beneficiario

Descrición da actuación

Importe da subvención

Alejandro Magariños Iglesias

Compra de materiais complementarios e de seguranza rafting

474,00 €

Amare Turismo Náutico, S.L.

Mellora do turismo activo no mar. Compra de embarcación. Equipamentos de protección individuais e compra de equipamento informático

11.779,75 €

Club Náutico de Portonovo

Equipamento deportivo náutico: un motor foraborda, 6 velas embarcación, chalecos salvavidas, embarcación tipo vaurien ou snipe, orza e timón

5.297,64 €

Piragüilla, S.C.

Compra de bicicletas e remolque para transportalas

1.955,36 €

Hércules Club de Golf

Dotar o club de golf de material para fomentar o golf: buggies de golf, carros de golf eléctricos e manuais; paus de golf. Mantemento, marcaxe e sinalización do campo de xogo; bolas de prácticas; trofeos e material deportivo para torneos

6.560,70 €

Hola Ola Ribadeo, S.L.U.

Equipamento para actividades acuáticas: táboas de wakeboard, simulador de surf mecánico, inchables tipo aquapark e invertible

4.537,43 €

Equipamentos y Servicios Deportivos Nauticalia, S.L.

Dotación equipamentos para o proxecto O Val do Miño en 360º, 20 equipamentos de traxes de neopreno ou escarpíns, 50 palas de kaiak e 20 bicicletas

2.264,62 €

Campos de Golf Santiago, S.A.

Compra e colocación de armarios compactos para carro eléctrico e para bolsa nun campo de golf

1.907,50 €

Tierra y Mar Multiaventura, S.L.U.

Mellora e ampliación do material para o desenvolvemento das actividades náuticas levadas a cabo pola empresa: embarcacións láser pico, equipos de kitesurf, kaiaks e material, paddle board e material, motor fóra borda, chalecos e neoprenos

10.576,00 €

Norbike, S.L.

Alugamento de bicicletas turísticas e rutas guiadas en Baiona-Val Miñor. Compra de 30 bicicletas e 30 cascos

3.996,00 €

María Teresa Jiménez Horwit

Compra do material necesario para crear unha escola de equitación: monturas, cabezadas, mantas, cepillos, pastores eléctricos etc.

4.624,48 €

Quinta Sacra, S.L.

Dotación de bens de equipamento. Adquisición dun arrastrable pneumático (banana ou cama para 5 persoas) e chalecos

281,41 €

Nalu Pro. Center, S.L.

Investimento de material náutico: táboas de surf, equipamentos de kitesurf, traxes de neopreno, material de surf, equipos de windsurf e catamarán

4.488,24 €

Manzaneda Estación Invernal, S.A. (Meisa)

Dotación de equipamentos para actividades na estación de montaña Nova Manzaneda: material de golf, bicicletas de montaña, esquí, snowboard, roteiro invernal, esquí de fondo, de tiro con arco, de parque multiaventura, de equitación, material didáctico da gardaría, para práctica guiada de sendeirismo/astroloxía, material para aula de natureza e material para paintball e deportes

33.612,23 €

Real Aero Club de Santiago, S.A.

Dotación de equipamento para o seu uso no campo de golf do aeroclub: 5 coches eléctricos de golf e 20 carros eléctricos

9.297,00 €

Club Náutico Deportivo Ribeira

Guindastre adaptado a visitantes discapacitados

1.188,00 €

Oftefor, C.B.

Rutas interpretativas no Parque Nacional das Illas Atlánticas e no seu contorno para o público en xeral e para persoas con discapacidade: cambio motor embarcación e incorporación dun equipamento gpss+plotter+sonda a embarcación

6.929,70 €

Monte Real Club de Yates

Campionato vela clase paralímpica. Compra de novo material: embarcacións adaptadas, fígaro, optimst; carro de varada, velas, cabos e acastillaxe xeral

15.903,49 €

Servicios Turísticos del Baixo Miño, S.L.

Equipamentos para actividades cicloturistas: compra de 12 bicicletas co seu material correspondente e equipamentos para actividades acuáticas: compra de chalecos, material para embarcacións e compra de kaiaks

3.213,34 €

Bibiana Álvarez Seoane

Compra motor para embarcación

2.452,50 €

Club Piragüismo Vilaboa

Compra de material para práctica deportiva: kaiaks

3.353,05 €

Marexada, Deporte, Lecer e Cultura, S.L.

Programa roteiros na illa de San Simón, en centros educativos e en campamentos e albergues xuvenís. Programa de formación profesional. Compra de material actividades náuticas (traxes de neopreno, kaiaks, táboas de padelsurf e tirolesa de 30 m)

3.049,59 €