Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 3 de xaneiro de 2014 Páx. 195

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 19 de decembro de 2013 pola que se nomea funcionaria do corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, a aspirante que superou o proceso selectivo de promoción interna convocado pola Orde do 26 de xuño de 2009, en execución da Sentenza do 29 de decembro de 2011, ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela no procedemento abreviado número 41/2011.

Unha vez realizados os trámites da competencia do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Admnistración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, convocado pola quenda de promoción interna en virtude da Orde do 26 de xuño de 2013 (DOG núm. 129, do 3 de xullo) e co obxecto de dar total cumprimento á Sentenza do 29 de decembro de 2011, ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela no procedemento abreviado número 41/2011, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Nomear funcionaria de carreira do corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, a aspirante que superou o proceso selectivo en virtude da sentenza que se executa.

Segundo. Adxudicarlle á dita aspirante como destino definitivo, de acordo co previsto na base IV.5 da convocatoria, o posto de traballo que desempeña con carácter definitivo e que figura no anexo.

Terceiro. Para adquirir a condición de funcionaria do corpo de xestión da Administración da Xunta Galicia, subgrupo A2, a aspirante deberá cumprir os requisitos exixidos no artigo 47 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e tomar posesión do posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computar a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición perante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

Apelidos

Nome

DNI

Código do posto

Con.

Denominación

Niv.

Grupo

Centro de destino

Centro directivo

Concello

33

Rivero Fernández

Felisa

76713019S

TRC020000415770041

TR

Xef. Sec. Administrativa

25

ABC

S. X. de Autorización e Inspección de Servizos Sociais

Secret. Xeral Técnica

Santiago de Compostela