Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 3 de xaneiro de 2014 Páx. 235

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2013, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se anuncia a licitación para a contratación, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios e tramitación anticipada de gasto, do servizo da Oficina Técnica do Dividendo Dixital en Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Secretaría Xeral de Medios.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Xestión de Medios Audiovisuais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo da Oficina Técnica do Dividendo Dixital en Galicia.

b) Nº de expediente: SER-1/2014.

c) Prazo de execución: seis (6) meses, prorrogable por outros seis.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria, expediente anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto (non suxeito a regulación harmonizada).

4. Orzamento base de licitación: importe neto: 80.165,29 euros. Importe total con IVE: 97.000 euros.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Lugar e prazo de presentación de proposicións.

a) Data límite de presentación das ofertas: quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (ás 14.00 horas).

b) Lugar de presentación de proposicións:

– No Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, Edificio Administrativo San Caetano s/n, en Santiago de Compostela.

– Por correo na forma indicada no artigo 80.4 do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado polo Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro (fax 981 54 12 89).

c) Documentación que deben presentar os licitadores: a exixida no prego de cláusulas administrativas particulares (número 9) e no prego de prescricións técnicas.

8. Obtención de documentación e información.

Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19932, así como nas dependencias da Secretaría Xeral de Medios no Edificio Administrativo San Caetano en Santiago de Compostela.

9. Apertura de proposicións.

Anunciaranse no perfil do contratante a convocatoria das mesas públicas para a apertura dos sobres B e C.

O importe do anuncio relativo a esta contratación será por conta do adxudicatario, que deberá aboalo con anterioridade ao asinamento do contrato.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2013

María Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios