Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 3 de xaneiro de 2014 Páx. 233

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de iniciación dos expedientes sancionadores por infracción en materia de espectáculos públicos PO-323/13 NL e PO-352/13 NL.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante LRXPAC), notifícaselle ás persoas que se relacionan no anexo o acordo de iniciación ditado nos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

A competencia para impoñer esta clase de sancións corresponde aos xefes territoriais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/96, do 26 de setembro, de atribución aos órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1º da LOSC e disposición transitoria primeira do Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia (DOG do 1 de maio).

Infórmase de que, de conformidade co disposto no artigo 135 da LRXPAC e nos artigos 3, 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), conta cun prazo de quince días hábiles contados desde a publicación para exercer perante o/a instrutor/a o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examinar o expediente nestas dependencias. Igualmente, poderá exercer o dereito de recusación nos casos e na forma prevista no artigo 29 da LRXPAC.

A tramitación do expediente realízase na oficina desta xefatura territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita na planta 9 do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra, rúa Fernández Ladreda, 43, de Pontevedra.

No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento, no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 16 do Real decreto 1398/1993.

Pontevedra, 4 de decembro de 2013

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: PO-323/13 NL.

NIF: 76986066-S.

Denunciada: Silvia María Oliveira Casais.

Enderezo: r/ Paseo do Mirador da Ría, 26, Abalo, 36612 Catoira.

Establecemento: Ti Amo, r/ Paseo do Mirador da Ría, 26, Abalo, 36612 Catoira.

Precepto infrinxido: artigo 23.e) da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro.

Número de expediente: PO-352/13 NL.

NIF: B36471282.

Denunciada: Óscar Pérez M. Glito, S.L.

Enderezo: r/ Gabino Bugallal, 48, 36860 Ponteareas.

Establecemento: Bonaparte, r/ Real, 54, 36860 Ponteareas.

Precepto infrinxido: artigo 23.e) da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro.