Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 3 de xaneiro de 2014 Páx. 261

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 16 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia en varios expedientes sancionadores.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992 do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo do Departamento Territorial do Medio Rural sito na rúa Fernández Ladreda, Edificio Administrativo, 2º andar (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 16 de decembro de 2013

Miguel Ángel Pérez Dubois
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: INC-PO-0143/2013-BIO.

Denunciada: Inrola, S.L.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: INC-PO-0150/2013-IUL.

Denunciada: Aurora González Rey.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: INC-PO-0211/2013-LSA.

Denunciado: Óscar Abelenda Barreiro.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: INC-PO-0276/2013-BIO.

Denunciado: Jerónimo Daniel Fontenla López.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Expediente: SAN-PO-0105/2013-IA.

Denunciado: Fco. Javier Román Riveiro.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: SAN-PO-0126/2013-IA.

Denunciado: Alberto Martínez Torres.

Acto de notificación: acordo de incoación.