Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 2 de xaneiro de 2014 Páx. 120

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 28 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución de arquivamento do expediente sancionador ES-P-0011/13.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase a resolución de arquivamento do expediente sancionador que se indica no anexo.

Pontevedra, 28 de novembro de 2013

José Luís Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado: Carlos José Martínez Extremadouro.

Expediente: ES-P-0011/13.

Último domicilio coñecido: Amoedo, nº 2, Pazos de Borbén, Pontevedra.

Indicación do contido: notificáselle a resolución de arquivamento do procedemento sancionador ES-P-0011/13 por prescrición da infracción, de acordo co artigo 65 da Lei 4/2003, do 29 de xullo, de vivenda de Galicia.

Recursos: contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes, de acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.