Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 27 de decembro de 2013 Páx. 50454

IV. Oposicións e concursos

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2013 pola que se lle dá cumprimento ao Acordo da Comisión de Goberno do 19 de novembro de 2013 que resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante.

Unha vez convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Consello de Contas de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 187, do 1 de outubro de 2013, segundo o establecido no artigo 29.2º do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo; no uso das atribucións conferidas polo artigo 8 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, e de conformidade co Acordo da Comisión de Goberno do 19 de novembro de 2013,

RESOLVO:

Primeiro. Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica á funcionaria que se expresa no anexo desta resolución, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria.

Segundo. O cesamento no actual destino da funcionaria producirase o primeiro día hábil seguinte ao da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de toma de posesión da praza adxudicada comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres días se o destino anterior está en Santiago de Compostela, de sete días se está en localidade distinta ou de vinte días se comporta o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

O cómputo do prazo posesorio iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, se é o caso, estivese desfrutando a interesada.

Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro. A toma de posesión realizada dentro do prazo referido dilixenciarase e tramitarase conforme as disposicións que regulan a materia.

Cuarto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido nos artigos 10.1.ap.c e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa; ou ben recurso potestativo de reposición ante o órgano que ditou a resolución no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo establecen os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2013

Luciano Fariña Busto
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia

ANEXO

NRP/DNI: 3385517768 A2060.

Grupo: A1.

Apelidos e nome: Otero Louzao, Cristina.

Posto de traballo: técnico de auditoría.

Número do posto: 045.

Nivel: 26.

Localidade: Santiago de Compostela.