Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 27 de decembro de 2013 Páx. 50468

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Noia

EDICTO (219/2011).

María Isabel Parajo Martínez, secretaria xudicial, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Noia, anuncia que no presente procedemento, seguido por instancia de Banco Popular Español, S.A. fronte a Francisco Javier Hernández, se ditou sentenza, co teor literal seguinte:

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Noia.

Sentenza 45/2012.

Procedemento: xuízo verbal 219/2011.

Parte demandante: Banco Popular Español, S.A.

Procurador: Francisco Javier Salmonte Rosendo.

Letrado: Jorge Castro Díaz.

Parte demandada: Francisco Javier Hernández, en rebeldía.

En Noia, 21 de xuño de 2013.

Resolvo:

Que estimando integramente a demanda interposta polo procurador Francisco Javier Salmonte Rosendo, en nome e representación de Banco Popular Español, S.A. contra Francisco Javier Hernández, en situación de rebeldía procesual, debo condenar e condeno o demandado a aboar á parte demandante a cantidade de catro mil cento vinte e un euros con noventa e nove céntimos (4.121,99 €) máis os xuros pactados contractualmente que se devindiquen desde o día seguinte ao da data de peche de cada operación ata o completo pagamento do principal.

Todo isto con expresa imposición das custas procesuais á parte demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña. O recurso interporase neste xulgado dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación.

Así o acorda, manda e asina María Paz Rumbao Pérez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Noia e do seu partido.

E ao estar o dito demandado, Francisco Javier Hernández, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Noia, 3 de xullo de 2013

A secretaria xudicial