Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 27 de decembro de 2013 Páx. 50464

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Primeira)

EDICTO (727/2012).

María Jesús Prieto Toranzo, secretaria da Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, certifica que na peza civil número 727/2012, dimanante do procedemento ordinario número 288/2011, procedente do Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra, con sede en Vigo, recaeu sentenza, que é como segue:

Peza: recurso de apelación (LACN) 727/2012.

Asunto: ordinario 288/2011.

Procedencia: Mercantil número 3 de Pontevedra con sede en Vigo.

A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, composta polos maxistrados:

Francisco Javier Menéndez Estébanez.

María Begoña Rodríguez González.

Jacinto José Pérez Benítez.

Ditou, no nome do rei, a seguinte sentenza número 627.

En Pontevedra, 13 de decembro de 2012.

Vistos en grao de apelación ante esta Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos de procedemento ordinario 288/2011, procedentes do Xulgado Mercantil número 3 de Pontevedra con sede en Vigo, aos cales correspondeu a peza número 727/2012, en que aparece como parte apelante demandado Victoriano Mozo Guerra, representado pola procuradora Nuria Sanabria Delgado, e asistido pola letrada María Eugenia Mellar Conde, e como parte apelado demandante comunidade de propietarios do edificio Rosalía de Castro, 60 de Vigo, representado polo procurador José Vicente Gil Tránchez, e asistido polo letrado Carlos Alberto Pérez López; demandados: Manuel Víctor Núñez Mozo, Yolanda Martínez Cano, en rebeldía procesual. Foi relator o maxistrado Francisco Javier Menéndez Estébanez, quen expresa o parecer da Sala.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos.

Resolvemos:

Que debemos desestimar e desestimamos o recurso de apelación interposto pola representación procesual de Victoriano Mozo Guerra contra a sentenza do 18 de abril de 2012, ditada polo Xulgado do Mercantil 3 de Pontevedra, con sede en Vigo, no xuízo ordinario 288/2011, con imposición das custas desta alzada á parte apelante.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Seguen as rúbricas. Certifico.

O inserido concorda ben e fielmente co seu orixinal, ao cal me remito en caso necesario, para que así conste e se remita ao Diario Oficial de Galicia, para que sirva de notificación a Manuel Víctor Núñez Mozo, expido e asino este testemuño.

Pontevedra, 30 de outubro de 2013