Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: modificado do proxecto recuamento LMT e CS lugar de Curro-Alvedro.
Situación: concello de Culleredo.
Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea SBN-717B, lugar de Curro-Alvedro, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,683 km, con orixe no paso aerosubterráneo que se vai realizar no apoio nº 57 proxectado, para intercalar na LMT SBN-717B, tramo entre o CT Culleredo e o CS Tarrío, condutor tipo RHZ1 2OL-12/20 kV 3(1×240 Al) e final no paso aéreo-subterráneo que se vai realizar no apoio nº 60/1 proxectado, para intercalar na LMT SBN-717B, tramo entre o CT Tarrío II e a derivada ao CT Escolas Culleredo.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 2 de decembro de 2013
Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña