Con data do 17 de outubro de 2013, a directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública ditou resolución do expediente sancionador nº 2013132TA-PO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra a José Manuel Santos Fernández, como titular do establecemento Discoteca Dilema 95.
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e seguindo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a José Manuel Santos Fernández, como titular do establecemento Discoteca Dilema 95, o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento da mesma.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, sita en San Lázaro s/n, Santiago de Compostela, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
En caso de conformidade co contido desta resolución, o pagamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte. Todo isto mediante o ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de NCG Banco, S.A. (Novagalicia Banco); en BBVA transacción 1316, NIF S1511001H, ou en Banesto, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias desta dirección xeral. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.
A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2013
Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública
ANEXO
Nº de expediente: 2013132TA-PO.
Denunciado: José Manuel Santos Fernández, como titular do establecemento Discoteca Dilema 95.
DNI/CIF: 33284627Q.
Último enderezo coñecido: rúa Cartagena, 13, 36540 Silleda (Pontevedra).
Feito imputado: infracción en materia sanitaria.
Precepto/s infrinxido/s: artigos 7.u), disposición adicional terceira, 19.2.d), 19.3.b) e 20.1 da Lei 28/2005.
Tipificación: grave.
Sanción imposta: 676 €.