Requírense aquelas persoas que puidesen ter dereito sobre os mobles que se atopan na vivenda desocupada, de titularidade do IGVS, situada na rúa Rosal, Muíño de Abaixo, bloque 5, 1º B esquerda, A Guarda, Pontevedra, para que, unha vez acreditado, os retiren do inmoble no prazo de quince días a partir da publicación deste anuncio. Transcorrido o dito prazo, consideraranse bens abandonados para todos os efectos, segundo o establecido no artigo 703.1º da Lei de axuizamento civil.
Para proceder á entrega dos utensilios deberán dirixirse á Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (rúa Alcalde Hevia, nº 7, 36071 Pontevedra, teléfonos: 986 80 56 18/07).
Expido, asino e selo este anuncio.
Pontevedra, 29 de novembro de 2013
Andrés Iglesias López
Xefe da Área Provincial de Pontevedra