Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 27 de decembro de 2013 Páx. 50535

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2013 pola que se modifica a Resolución do 28 de novembro de 2013 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema unicriterio de valoración (factor prezo), tramitación ordinaria e expediente anticipado de gasto, dun contrato de subministración suxeito a regulación harmonizada.

No número 5.b da Resolución do 28 de novembro de 2013, da entidade pública Portos de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia número 231, do 3 de decembro de 2013, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema unicriterio de valoración (factor prezo), tramitación ordinaria e expediente anticipado de gasto, da contratación da subministración de enerxía eléctrica aos centros de consumo pertencentes a Portos de Galicia, suxeita a regulación harmonizada, disponse que o prego de cláusulas administrativas particulares e especificidades técnicas (PCAPET) e o cadro de características do contrato (CCC) se poderán obter no perfil do contratante (www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19912) e na web de Portos de Galicia (www.portosdegalicia.es)

Advertido erro no contido do PCAPET que rexerá a referida licitación, cómpre darlle publicidade á Resolución do 18 de decembro de 2013 pola que se acorda aprobar unha modificación do dito prego consistente en deixar sen efecto o disposto na súa cláusula 6.4, que queda suprimida do citado prego, e establecer que, respecto do momento de presentar a póliza de responsabilidade civil por parte do adxudicatario, se observará o disposto na cláusula 7.7 do prego.

– Obtención de información e da documentación corrixida (PCAPET):

1. Entidade: División de Contratación de Portos de Galicia.Teléfono: 881 88 16 45.

2. Enderezo na internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19912

– Prazo de presentación de proposicións:

Mantense o prazo de presentación de ofertas para participar na licitación convocada para adxudicar a contratación da subministración de referencia, que rematará o día 13 de xaneiro de 2014, ás catorce (14.00) horas.

– Data de envío do anuncio de modificación ao Diario Oficial de la Unión Europea: 19 de decembro de 2013.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2013

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia