Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 26 de decembro de 2013 Páx. 50140

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5288/2011).

Tipo e nº de recurso: recurso suplicación 5288/2011-CRS.

Xulgado de orixe: demanda 194/2009 Xulgado do Social número 3 da Coruña.

Recurrente: José Seoane Peláez.

Abogado: Francisco Varela Míguez.

Recurridos: Instituto Nacional de la Seguridad Social, Tesoraría Xeral da Seguridade Social, Instituto Social da Marina, Sobrinos José Pastor Ltda., Consignaciones Gallegas, S.A., Marítima Consiflet, S.A., r/ Cuesta Palloza, edif. Torre Esmeralda, 1, entrechán, 15006 A Coruña; Rubine e Hijos, S.L., Muelle San Diego, S.L. L.1 A Coruña.

María Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación número 5288/2011, seguido por instancia de José Seoane Peláez contra Instituto Social da Mariña, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e as entidades Sobrinos José Pastor Ltda. Consignaciones Gallegas, S.A., Marítima Consiflet, S.A e Rubine e Hijos, S.L., sobre xubilación, se ditou a seguinte resolución:

Decido.

Que, desestimando o recurso de suplicación interposto polo demandante José Seoane Peláez contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 desta capital, nestes autos sobre xubilación, tramitados por instancia do recorrente fronte aos demandados Instituto Social da Mariña, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e as entidades Sobrinos José Pastor Ltda., Consignaciones Gallegas, S.A., Marítima Consiflet, S.A. e Rubine e Hijos, S.L., debemos confirmar e confirmamos a dita sentenza.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que así conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Sobrinos José Pastor Ltda. e Consignaciones Gallegas, S.A., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que sexan autos, sentenzas ou emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 4 de decembro de 2013

A secretaria xudicial