Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 26 de decembro de 2013 Páx. 50155

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se dispón a notificación dos acordos de iniciación de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, ás cales non se lles puido facer por correo certificado, os acordos de iniciación ditados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos, o seu número cítase no anexo I.

Desígnase instrutora do expediente a María Engracia Gómez Dacal e secretario a José Luis Abelleira Fernández, que poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación, para poder examinar o expediente no Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior desta xefatura territorial, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas considere convenientes na defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como o establece o artigo 13.d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, determinándose para estos efectos o importe da sanción.

Será competente para a resolución do expediente o xefe territorial de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza en Lugo, segundo o establecido no Decreto 227/2012, do 2 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, e o Decreto 72/2013, do 25 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia Administracións Públicas e Xustiza.

Lugo, 4 de decembro de 2013

José Manuel Rozas Bello
Xefe territorial de Lugo

ANEXO I

Nome

DNI/NIF

Nº expt.

Precepto infrinxido

Último domicilio

Posible sanción

Pedro Jesús Cruz Santamaría

33556541

LU-E 211/2013

26.e) LO 1/1992

R/ Río Sil, nº 37, 4º B, Lugo

Ata 300 €

Manuel Rodríguez Fernández

34637969

LU-E 212/2013

26.d) LO 1/1992

Paseo de Colón, nº 5, bloque 1, 5º F, Foz

Ata 150 €

Manuel Rodríguez Fernández

34637969

LU-E 213/2013

26.e) LO 1/1992

Paseo de Colón, nº 5, bloque 1, 5º F, Foz

Ata 300 €

Terra Meiga, C.B.

E-27444884

LU-E 214/2013

26.e) LO 1/1992

Urbanización As Lagoas, baixo 4, torre F, Foz

Ata 150 €

Pedro Jesús Cruz Santamaría

33556541

LU-E 218/2013

26.e) LO 1/1992

R/ Río Sil, nº 37, 4º B, Lugo

Ata 300 €

María Ángeles de la Fuente Iglesias

33271714

LU-E 221/2013

26.e) LO 1/1992

R/ Congostra, bloque 1, 2º B, Foz

Ata 300 €

Ramón Antonio Tavarerz Abreu

X-8115097-F

LU-E 224/2013

26.e) LO 1/1992

R/ Dolmen, nº 4-6, 6º E, Lugo

Ata 300 €

María Ángeles de la Fuente Iglesias

33271714

LU-E 225/2013

26.e) LO 1/1992

R/ Congostra, bloque 1, 2º B, Foz

Ata 300 €

Cafetería El Patio

X-1932711-K

LU-E 229/2013

26.e) LO 1/1992

Avda Fontiñas, nº 308, baixo, Lugo

Ata 150 €

Teatro, C.B

E-27292382

LU-E 231/2013

26.e) LO 1/1992

Louzaneta, nº 47, Lugo

Ata 300 €

Donapubli Turismo, S.L.U.

B-27384064

LU-E 235/2013

26.e) LO 1/1992

R/ Clemente Martínez Pasarón, Ribadeo

Ata 90 €