De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE número 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona o trámite relativo á suspensión condicional que solicitou no seu día.
Os prazos empezarán a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio. O expediente relacionado a seguir está á disposición do interesado na Consellería do Medio Rural e do Mar (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 61 63).
Nº de expediente: PESAN1 2012/751-1.
Beneficiario: Felipe Martínez Santos.
NIF: 79323684L.
Enderezo: Juan Castro Mosquera, 28, bloque 1, porta D, 15005 A Coruña.
Trámite: resolución de outorgamento da suspensión condicional da execución da sanción por un prazo de 9 meses.
Prazo para presentar recurso de reposición: 1 mes.
Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2013
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar