Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 24 de decembro de 2013 Páx. 49745

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín

EDICTO (369/2013).

Myriam de Mata Schick, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín, polo presente fago constar que neste xulgado se tramitan os autos de xuízo de faltas 369/2013, seguido por denuncia de Marcos Taboada Otero contra José Antonio Teixeira Delgado, e se ditou sentenza o 27 de setembro de 2013, cuxo teor literal no ditame é o seguinte:

Ditame:

Absolvo libremente de toda responsabilidade polos feitos axuizado a José Antonio Teixeira Delgado. Declaro de oficio as custas procesuais causadas.

Contra esta sentenza pódese interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo dos 5 días a partir do seguinte ao da notificación, que se debe formalizar e tramitar de acordo co disposto nos artigos 790 ao 792 da Lei de axuizamento criminal.

Notifíquese en forma legal esta resolución ás partes. Líbrese certificado para unir as actuacións e incorpórese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así o pronuncio, mando e asino.

E encontrándose o devandito demandado, José Antonio Teixeira Delgado, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Lalín, 2 de decembro de 2013

A secretaria xudicial