Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Martes, 24 de decembro de 2013 Páx. 49586

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 16 de decembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas aos investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitícolas, financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), e se convocan para o ano 2014.

O Regulamento (CE) 1234/2007, polo que se crea unha organización común de mercados agrícolas e se establecen disposicións específicas para determinados produtos agrícolas, e o Regulamento (CE) 555/2008 que o desenvolve, así como as súas modificacións posteriores, regulan os programas de apoio ao sector vitivinícola que os Estados membros poden presentar á Comisión.

O Real decreto 548/2013, do 19 de xullo, para a aplicación das medidas do programa de apoio 2014-2018 ao sector vitivinícola español, recolle o conxunto de disposicións que desenvolven o programa de apoio do sector vitivinícola español presentado por España á Comisión Europea para o período 2014 a 2018.

O citado Real decreto 548/2013 establece entre outras medidas de apoio, as recollidas no programa de apoio de España relativas aos investimentos en instalacións, infraestrutura vinícola e comercialización de viños, mostos e vinagre, así como ao desenvolvemento de novos produtos, procedementos e tecnoloxías. Este real decreto establece, así mesmo, que a instrución, resolución e pagamento das axudas correspóndelle ás comunidades autónomas en función das súas competencias.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.I.3º do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de medidas de investimentos no sector vitivinícola en Galicia establecidas no Real decreto 548/2013 de aplicación das medidas do programa de apoio 2014-2018 ao sector vitivinícola español, así como realizar a convocatoria para o ano 2014.

Sección 1ª. Bases reguladoras para a concesión de axudas dentro da medida de investimentos do programa de apoio ao sector vitivinícola

Artigo 2. Beneficiarios

1. Poderán presentar solicitudes para acollerse a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares de microempresas e pequenas e medianas empresas, segundo se definen na Recomendación 2003/361/CE, da Comisión, do 6 de maio de 2003, que produzan, comercialicen ou realicen ambos os procesos respecto dos produtos que se describen no anexo XI ter do Regulamento CE nº 1234/2007, do Consello, do 22 de outubro, producidos en territorio español, que teñan actividade no momento da presentación da solicitude ou que a inicien co proxecto presentado coa solicitude, e que sexan responsables finais do financiamento do proxecto.

Así mesmo, poderanse beneficiar da medida as empresas con menos de 750 empregados ou cuxo volume de negocio sexa inferior a 200 millóns de euros, que cumpran cos mesmos requisitos de produción e comercialización mencionados no parágrafo anterior. No suposto destas empresas intermedias, a intensidade máxima de axuda reducirase á metade.

2. No entanto, cando se trate de solicitudes cuxa actividade sexa unicamente a comercialización, polo menos un 80 por cento da súa facturación do último exercicio pechado deberá proceder da comercialización dos produtos mencionados no punto 1.

No caso de beneficiarios que inicien a súa actividade no ámbito da comercialización, deberán presentar un compromiso escrito de que, polo menos, o 80 por cento da súa facturación procederá da comercialización dos produtos mencionados no punto 1.

3. Os solicitantes das axudas deben ter instalacións situadas en Galicia ou prever telas coa execución dos investimentos para os que se solicita a axuda, dedicadas á produción dos produtos mencionados no punto 1, salvo nos casos de proxectos de comercialización desvinculados fisicamente dunha adega, así como en todos os casos de comercialización noutro Estado membro, nos cales o requisito esixible é que os solicitantes teñan o seu domicilio fiscal en Galicia.

Artigo 3. Actuacións, operacións e gastos subvencionables

1. Serán admisibles as actuacións relativas a investimentos tanxibles ou intanxibles que se describen a continuación:

A) Produción e comercialización.

A1. Elaboración de produtos vitivinícolas: as operacións propias do proceso de elaboración, desde a recepción da uva ata o almacenamento do produto terminado, incluíndo os sistemas informáticos para o control dos procesos produtivos.

A2. Control da calidade: calquera operación realizada no proceso de control da calidade dos produtos, desde a toma de mostras na recepción da uva na adega, os controis realizados durante o proceso da elaboración, asegurar a rastrexabilidade, os sistemas de calidade ou a implantación de normas de calidade alimentaria.

A3. Vinculadas á empresa en xeral: as operacións que melloren a estrutura operativa dos sistemas de xestión administrativa, a organización e o control da empresa, así como o desenvolvemento das redes de información e comunicación.

A4. Comercialización: calquera operación realizada nos países da UE, incluída España, en:

– Puntos de venda directa na adega, incluíndo salas de exposición e degustación, pero separados fisicamente das instalacións de elaboración.

– Puntos de venda fóra da adega, almacéns, centros loxísticos e oficinas comerciais.

– Equipamentos necesarios para a exposición e/ou venda.

– Desenvolvemento de redes de comercialización.

– Hardware, software, plataformas web/comercio electrónico, para a adopción de tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) e o comercio electrónico.

B) Desenvolvemento de novos produtos, procedementos e tecnoloxías.

Os gastos auxiliables para o desenvolvemento de novos produtos, procedementos e tecnoloxías corresponderán a actividades preparatorias tales como o deseño, o desenvolvemento e ensaio de produtos e as operacións tanxibles ou intanxibles relacionadas con elas, antes do seu emprego con fins comerciais.

2. Segundo se recolle no artigo 17 do Regulamento (CE) n° 555/2008, da Comisión, do 27 de xuño de 2008, serán subvencionables os seguintes tipos de gastos:

a) A construción, a adquisición ou a mellora de bens inmobles.

b) A compra de nova maquinaria e equipos, incluídos os soportes lóxicos de ordenador, ata o valor de mercado do produto.

c) Ata un 8 % dos gastos xerais ligados aos puntos a) e b) anteriores como honorarios de arquitectos, enxeñeiros e asesores, estudos de viabilidade ou adquisición de patentes e licenzas.

Para efecto dos investimentos da medida de «Desenvolvemento de novos produtos admisibles» será de aplicación o disposto no artigo 18 do Regulamento (CE) n° 555/2008, da Comisión, do 27 de xuño de 2008.

3. Non terán a consideración de subvencionables os gastos descritos no anexo I desta orde.

Artigo 4. Outros requisitos

1. A empresa solicitante deberá demostrar viabilidade económica, e suficiente capacidade e medios para asegurar a adecuada execución do investimento.

Non se concederá a axuda financeira ás empresas en situación de crise, segundo se define nas directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crise, de acordo coa Comunicación (2004/C244/02), da Comisión, do 1 de outubro de 2004. Conforme isto, non se concederán, en particular, axudas a sociedades anónimas e limitadas que incorran en causa de disolución por ter un patrimonio contable inferior á metade do seu capital social, tal como establece a normativa que regula este tipo de sociedades. Tampouco se concederán axudas ás empresas sometidas a un procedemento de quebra, insolvencia ou concursal.

En todo caso, para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas presentarán coa solicitude de axuda unha declaración de non encontrarse en situación de crise segundo a normativa comunitaria, así como, no caso de sociedades, fotocopia dos balances e contas de explotación dos tres últimos anos.

2. Non se concederán axudas a aqueles solicitantes que non acrediten estar ao corrente das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, ou que teñan débedas pendentes de pagamento coa Administración pública da comunidade autónoma (Consellería de Facenda).

Para eses efectos, a presentación da solicitude de concesión de subvención polo interesado comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. No entanto, a persoa solicitante poderá denegar expresamente o consentimento e deberá presentar entón a certificación nos termos previstos regulamentariamente.

Tampouco se concederán axudas a aqueles solicitantes que non estean ao corrente nas súas obrigas por reintegro de subvencións.

3. Os beneficiarios das subvencións deberán acreditar a durabilidade das operacións relativas aos investimentos durante os cinco anos seguintes desde a data do pagamento final da axuda.

Así mesmo, a durabilidade será exixible aos adquirentes, nos supostos de transmisión da actividade produtiva e das infraestruturas ligadas á mesma obxecto da axuda e deberase acreditar fidedignamente ante a autoridade competente que esta circunstancia é coñecida e aceptada polos adquirentes, de conformidade co previsto no artigo 72 do Regulamento (CE) n° 1698/2005, do Consello, do 20 de setembro. Se esta aceptación non se acreditase fidedignamente continuará sendo responsable, o beneficiario da axuda.

4. Non se concederán axudas a solicitantes nos cales concorran algunha das circunstancias que dean lugar á prohibición para obter a condición de beneficiario sinaladas nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e, en particular, aos solicitantes condenados mediante sentenza firme ou sancionados mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións públicas.

5. Os proxectos de investimento estarán claramente definidos e especificaranse as actuacións/operacións e detallaranse os conceptos de gasto que compoñen cada operación e os custos estimados de cada unha delas, o seu calendario previsto de execución e, no caso de investimentos en comercialización que se realizarán noutros países da UE, diferentes a España, deberase indicar a localización exacta da mesma. En todo caso, conterán, como mínimo, a información detallada recollida no anexo V desta orde.

Os proxectos de investimento, que poderán ser anuais ou plurianuais, terán un prazo máximo de execución e de financiamento de 4 anos. En calquera caso, a execución dos proxectos deberase realizar antes do 1 de xuño de 2018 e o pagamento da axuda efectuarse antes do fin do exercicio Feaga 2018.

Os proxectos presentados deberán ter viabilidade técnica e económica.

6. Débese respectar a moderación de custos tal como establece o artigo 24.2.d) do Regulamento (UE) n° 65/2011, da Comisión, do 27 de xaneiro de 2011, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) n° 1698/2005 do Consello no que respecta á aplicación dos procedementos de control e a condicionalidade en relación coas medidas de axuda ao desenvolvemento rural.

Neste sentido, para todos os gastos incluídos na solicitude de axuda, débese solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo, salvo que, polas especiais características dos gastos subvencionables, non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten, circunstancia que deberá ser xustificada. Non se considerarán subvencionables os conceptos incluídos na solicitude de axuda dos cales non se acredite o cumprimento deste requisito.

A elección entre as ofertas presentadas realizarase seguindo criterios de eficiencia e economía e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección, baseada nos criterios sinalados, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. En caso de non ser así, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica máis vantaxosa.

7. Non se concederán axudas a investimentos en construción de novas superficies cubertas ou ampliación das existentes, nin os seus investimentos relacionados, se non se acredita coa solicitude e nos prazos establecidos a dispoñibilidade do terreo e da licenza de obras correspondente que lle permita iniciar as obras.

8. Os investimentos non poderán comezar antes da presentación da solicitude de axuda, salvo os gastos sinalados no anexo I, 5, a) e b), que poderán ser tidos en consideración se se producen a partir do 20 de xullo de 2013 nas solicitudes presentadas na convocatoria do ano 2014, e nos doce meses previos á data de solicitude de axuda nas convocatorias de anos posteriores.

En todo caso, o inicio das operacións do proxecto de investimento previamente á resolución non implica compromiso ningún por parte da Administración sobre a concesión da axuda.

Artigo 5. Presentación de solicitudes

1. As solicitudes deberanse presentar preferiblemente por vía electrónica a través do formulario electrónico normalizado dispoñible na sé electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sé electrónica da Xunta de Galicia.

No caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión está dentro do prazo de presentación establecido na convocatoria.

2. A solicitudes de axuda presentaranse no modelo que figura como anexo III desta orde, xunto coa seguinte documentación complementaria:

– Memoria: anexo IV debidamente cuberto.

– Proxecto de investimento: seguindo o modelo do anexo V.

– Declaración referente ás axudas solicitadas, segundo o modelo do anexo VI.

– Relación de ofertas solicitadas e elixidas: anexo VII debidamente cuberto.

– Documentación adicional:

a) Documentos acreditativos da personalidade do solicitante. Para iso, no caso de persoas xurídicas, deberase presentar unha copia das escrituras ou documento de constitución onde se recollan os estatutos ou regras fundacionais e debidamente inscritos no rexistro público que corresponda segundo o tipo de personalidade xurídica de que se trate. Así mesmo, deberanse presentar as modificacións posteriores dos documentos indicados, así como a copia do NIF. No caso de persoas físicas esta acreditación realizarase mediante a fotocopia compulsada do DNI, que ben só será necesario presentalo se o beneficiario non outorga expresamente a autorización á consellería, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e a Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 7 de xullo de 2009, que o desenvolve, para a consulta dos datos de identidade no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio da Presidencia.

b) No caso de que o solicitante sexa unha entidade xurídica, deberá presentar unha relación actualizada dos seus socios.

c) No caso de empresas xa existentes, balance e contas de resultados dos tres últimos anos se son sociedades e, no caso de persoas físicas, declaración da renda dos últimos tres anos. Se a empresa ten ou forma parte dun grupo empresarial, débese presentar tamén o balance e contas consolidadas do último ano do grupo.

d) No caso de investimentos que inclúan a construción de novas superficies cubertas, xustificación documental da dispoñibilidade do terreo e licenza de obras.

e) No caso de outras subvencións concedidas para o mesmo proxecto, fotocopia da comunicación de concesión coas súas características.

g) No caso de que o solicitante sexa unha cooperativa, certificado do secretario desta indicando o nº de socios, se houbo ou non un proceso de fusión nos dous últimos anos e se está acollida ou non á Orde APA/180/2008, do 22 de xaneiro.

h) No caso de que o solicitante pertenza a unha DOP/IXP ou outra figura de calidade recoñecida, certificado de inscrición na devandita figura de calidade.

3. A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

4. O prazo de presentación de solicitudes será o que se estableza na convocatoria anual correspondente e, en todo caso, rematará antes do 1 de febreiro de cada ano.

5. As solicitudes das persoas interesadas acompañarán os documentos e as informacións determinados no punto 2, salvo que os documentos exixidos xa estivesen en poder de calquera órgano da Administración actuante; neste caso, a persoa solicitante poderá acollerse ao establecido na letra f) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou dependencia nos cal foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento ao cal correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante a súa presentación, ou, no su defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos aos cales se refire o documento, con anterioridade a formulación da proposta de resolución.

6. As solicitudes presentadas deberán conter, polo menos, a información prevista nos anexos e:

– Cumprir co establecido nesta orde.

– Respectar a normativa comunitaria relativa á medida de investimentos, así como a demais lexislación aplicable.

– Estar o suficientemente desenvolvidos como para que se poida avaliar a súa conformidade coa normativa e a súa viabilidade técnica e económica, de acordo cos criterios establecidos no anexo II.

– Especificar os medios propios ou externos con que se contará para o desenvolvemento do proxecto.

7. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente do formulario principal, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

Artigo 6. Tramitación das solicitudes

1. O órgano responsable da instrución dos expedientes destas axudas será a Subdirección de Industrias e Calidade Agroalimentaria.

2. Se o solicitante non presenta a documentación requirida no prazo máximo establecido ou se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria, requirirase o interesado para que a emende no prazo máximo e improrrogable de 10 días. De non facelo así, terase por desistido da súa solicitude, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes e, de ser o caso, o de emenda establecido no punto anterior, o solicitante non poderá modificar a súa solicitude de axuda aumentando o importe total do investimento, nin incluíndo novos conceptos para os cales se solicita axuda.

4. A valoración das solicitudes será realizada por un órgano colexiado presidido polo subdirector de Industrias e Calidade Agroalimentaria, e integrado por dous funcionarios desa mesma subdirección xeral con categoría non inferior á de xefe de sección realizará a valoración das solicitudes presentadas seguindo os criterios establecidos no anexo II.

5. A Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes elaborará unha lista provisional cos proxectos de investimento seleccionados priorizados, e remitiralle ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente antes do 1 de maio. Xunto con esta acompañarase a documentación dos proxectos seleccionados.

En caso de empate na puntuación, darase prioridade aos proxectos presentados por empresas de base cooperativa, microempresas e pequenas e medianas empresas que presenten proxectos de comercialización conxunta.

6. A partir das listas provisionais dos proxectos de investimento seleccionados polas comunidades autónomas, a Dirección Xeral de la Industria Alimentaria elaborará a proposta de lista definitiva e someteraa ao informe vinculante da Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural, tendo en conta a dotación orzamentaria dispoñible para o exercicio Feaga e a reserva de fondos necesaria para os exercicios seguintes.

Non se incluirán na proposta de lista definitiva, aqueles proxectos de investimento que na fase de valoración non acaden un mínimo de 15 puntos.

Artigo 7. Resolución

1. Unha vez informada pola Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural a lista definitiva dos proxectos de investimento seleccionados, a Consellería do Medio Rural e do Mar ditará as resolucións correspondentes e notificaraas ós beneficiarios.

O prazo máximo para a resolución e notificación do procedemento será de seis meses contados a partir do día seguinte ao remate do prazo de presentación das solicitudes. En calquera caso, non se poderá efectuar con anterioridade ao 1 de xullo de 2014. Transcorrido o prazo de seis meses sen que se teña notificado aos interesados resolución ningunha, estes poderán entender desestimada a súa solicitude de acordo co disposto no artigo 25.5 da Lei 38/2003, do 17 de novembro.

2. A resolución indicará especificamente a anualización aprobada para a execución dos investimentos. As anualidades establecidas indicarán o investimento que se debe executar e pagar en cada unha delas así como a data límite establecida para presentar a documentación acreditativa correspondente e cumprir outras condicións establecidas, se é o caso. O número de anualidades, así como o investimento que se executará en cada unha delas, establecerase conforme a previsión de execución presentada coa solicitude de axuda, o informe da Conferencia Sectorial, as dispoñibilidades orzamentarias e a normativa de xestión.

3. No caso de resolución positiva, os beneficiarios comunicaranlle á Consellería do Medio Rural e do Mar nos quince días seguintes ao da notificación da resolución a aceptación desta nos termos establecidos, ou se é o caso, a renuncia. A aceptación deberase acompañar dunha garantía de boa execución, de acordo coas condicións previstas no Regulamento de Execución (UE) n° 282/2012, da Comisión, do 28 de marzo de 2012, por un importe do 15 por cento do montante do financiamento comunitario, co fin de asegurar a correcta execución do proxecto.

4. A exixencia principal, conforme o artigo 19 do Regulamento (UE) de Execución (UE) n° 282/2012, da Comisión, do 28 de marzo, será alcanzar o obxectivo final do proxecto de investimento, cun cumprimento de, polo menos, o 70 por cento do orzamento total aprobado por resolución e sempre que os investimentos realizados sexan operativos.

5. A comunidade autónoma deberá comunicar ao Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente antes do 1 de decembro de cada ano, as aceptacións, renuncias ou desestimentos que se teñan producido dentro do procedemento, co efecto de poder dispoñer dos fondos que se liberen, se é o caso.

Artigo 8. Modificación dos proxectos de investimento

1. O beneficiario poderá solicitar a modificación das operacións previstas nun proxecto de investimento, sempre e cando non se altere o obxectivo final deste, antes do 1 de febreiro do exercicio Feaga correspondente. En todo caso, non se admitirán modificacións que supoñan a inclusión de novos conceptos e elementos subvencionables, salvo que o seu importe total non supere o 30 % do investimento considerado subvencionable na resolución inicial de concesión de axuda e cumpran o resto dos requisitos exixidos e, en particular, o establecido no punto 6 do artigo 4 referente á solicitude previa de tres ofertas. Tampouco se admitirán ampliacións dos prazos de execución e xustificación establecidos para cada anualidade que superen a data do 30 de abril dese ano.

2. Calquera modificación significativa, incluídas as de calendario de execución, deberán ser autorizadas pola Consellería do Medio Rural e do Mar, logo de solicitude do beneficiario. En todo caso, a admisibilidade das modificacións relativas ao calendario de execución estará supeditada ás dispoñibilidades orzamentarias dos fondos Feaga para cada anualidade.

3. Non se admitirán as seguintes modificacións:

– Modificacións do calendario de execución que supoñan o incremento do importe da axuda concedida para a primeira anualidade.

– Modificacións que supoñan o cambio da localización dos investimentos subvencionables.

– Modificacións que supoñan incrementos do custo unitario dos conceptos e elementos subvencionados.

– Modificacións que supoñan incrementos do importe do investimento subvencionable correspondente á urbanización e á obra civil.

– No caso de modificacións que requiran a autorización da Consellería, non se admitirá máis dunha modificación por cada anualidade de execución aprobada inicialmente.

4. As modificacións que supoñan un incremento dos orzamentos aprobados para os proxectos de investimento non supoñerán incremento da subvención concedida.

5. As modificacións das operacións aprobadas que supoñan unha diminución dos orzamentos aprobados, supoñerán a redución proporcional da subvención concedida, sempre que o proxecto de investimento continúe a cumprir o punto 1 deste artigo.

6. Non se poderán modificar os orzamentos á baixa por importes superiores ao 10 por cento do orzamento total aprobado por resolución, se se realizan durante o último trimestre do período en que remate o proxecto.

7. Independentemente do citado nos puntos anteriores deste artigo, a consellería poderá aprobar modificacións da resolución de concesión que non se axusten ás condicións indicadas nos devanditos puntos, nos casos de forza maior ou circunstancias excepcionais na acepción do artigo 31 do Regulamento (CE) n° 73/2009, do Consello, do 19 de xaneiro de 2009.

8. A comunidade autónoma comunicará as modificacións que se produciron ao Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, antes do 15 de maio do exercicio Feaga correspondente.

Artigo 9. Financiamento

1. Aplicarase á contribución comunitaria os seguintes tipos máximos de axuda en relación cos custos de investimento admisibles:

a) 50 por cento nas comunidades autónomas clasificadas como rexións de converxencia con arranxo ao Regulamento (CE) n° 1083/2006, do Consello, do 11 de xullo de 2006, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de Cohesión e derrógase o Regulamento (CE) n° 1260/1999.

b) 40 por cento nas comunidades autónomas distintas das rexións de converxencia.

c) 75 por cento na comunidade autónoma das Illas Canarias.

d) Para os investimentos noutros países da Unión Europea terase en conta a súa localización para determinar a porcentaxe de axuda.

Aplicaranse os tipos máximos de axuda establecidos no punto 4 do artigo 103 duovicies do Regulamento (CE) 1234/2007.

2. Os proxectos de investimento anuais financiaranse con cargo ao exercicio Feaga no cal se rematen. Os proxectos plurianuais financiaranse con cargo aos exercicios Feaga consecutivos para os que fose solicitado e aprobado o investimento.

Artigo 10. Anticipos

1. O beneficiario poderá presentar unha solicitude de anticipo por contía inferior ao 20 % da axuda pública concedida, segundo se establece no punto 2 do artigo 19 do Regulamento (CE) n° 555/2008.

2. O pagamento dun anticipo supeditarase á constitución dunha garantía bancaria ou das previstas no Real decreto 161/1997, do 7 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento da Caixa Xeral de Depósitos, por un importe igual ao 110 por cento do citado anticipo, de conformidade coas condicións previstas no Regulamento (CE) n° 555/2008, da Comisión, do 27 de xuño de 2008, e no Regulamento de Execución (UE) n° 282/2012, da Comisión, do 22 de marzo de 2012, polo que se establecen as modalidades comúns de aplicación do réxime de garantías para os produtos agrícolas.

3. Deberase solicitar o anticipo como moi tarde nos 30 días seguintes á aceptación da resolución.

4. A comunidade autónoma comunicaralle ao Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente antes do 1 de decembro a listaxe cos proxectos que solicitaron anticipo e a contía deste.

5. Para o pagamento do saldo da axuda descontarase, de ser o caso, o anticipo percibido.

Artigo 11. Pagamentos

As solicitudes de pagamento presentaranse prioritariamente nos servizos provinciais de Control de Calidade Agroalimentaria e Industrias das xefaturas territoriais correspondentes da Consellería do Medio Rural e do Mar, acompañadas da seguinte documentación:

a) Memoria de execución valorada, incluíndo, de ser o caso, a xustificación das causas excepcionais ou de forza maior que concorresen impedindo a execución dos investimentos subvencionados.

b) Documentación probatoria da data de inicio das operacións, que deberá ser posterior á da solicitude, no caso de que non existan no órgano xestor da comunidade autónoma actas de non inicio da actividade ou outros controis in situ equivalentes.

c) Relación de xustificantes, seguindo o modelo incluído como anexo VIII, xunto cos xustificantes dos investimentos efectuados, que consistirán de forma xeral nas facturas orixinais sobre as cales se realizará a toma de razón e das que se entregará unha fotocopia. As facturas deberán estar acompañadas dos xustificantes do seu pagamento efectivo que se deberá realizar a través de entidades financeiras. O pagamento efectivo, acreditarase presentando a copia do documento de pagamento (cheque, orde de transferencia, letra de cambio etc.) xunto co orixinal do extracto ou do certificado bancario que xustifique inequivocamente o seu cargo na conta bancaria do beneficiario.

d) Declaración do beneficiario relativa ao financiamento dos gastos efectuados segundo o modelo do anexo IX. No caso de financiamento mediante créditos ou préstamos, deberase presentar, ademais, fotocopia da escritura de formalización deste.

e) Relación das diferenzas existentes entre os traballos previstos e os realizados, seguindo o modelo do anexo X. Ademais, no caso de modificacións admisibles que afecten os conceptos e elementos subvencionados, deberase presentar o anexo VII, no cal se indicarán para cada elemento novo as ofertas solicitadas, a oferta elixida, o criterio de elección e a xustificación, se é o caso, da elección da oferta económica distinta da máis vantaxosa.

f) Declaración do beneficiario seguindo o modelo do anexo VI sobre outras axudas concedidas e/ou solicitadas para os mesmos investimentos, achegando, se é o caso, copia da resolución de concesión.

g) No caso de adquisición de edificacións deberase achegar, ademais, un certificado dun taxador independente debidamente acreditado ou un órgano ou organismo público debidamente autorizado, no cal se acredite que o prezo de compra non excede o valor de mercado, desagregando o valor do solo a prezos de mercado.

h) Licenza de actividade das instalacións onde se realizaron os investimentos. Non será necesario presentala cando a súa dispoñibilidade non sexa legalmente exixible.

i) Inscrición no Rexistro Xeral Sanitario de empresas alimentarias e alimentos.

j) Inscrición no Rexistro da propiedade, no caso de obra nova, ou instalación de bens inscribibles.

k) Solicitude ou declaración responsable no Rexistro de industrias agrarias ou establecementos industriais.

l) Calquera outra que se indique expresamente na resolución de concesión.

2. Todos os pagamentos que realice o beneficiario débense realizar a través dunha conta bancaria única dedicada en exclusiva para este fin.

3. Como moi tarde o 30 de abril do ano en que conclúa o proxecto, o beneficiario solicitará o pagamento do saldo da axuda, acompañando a documentación xustificativa.

4. O pagamento da axuda estará supeditado á presentación das contas xustificativas do investimento, verificadas por un auditor de contas ou sociedade de auditoría inscritos no Rexistro Oficial de Auditores de Contas ou, no seu defecto, á verificación por parte da comunidade autónoma das facturas e documentos mencionados anteriormente, esta comprobación incluirá, como mínimo, unha inspección in situ para cada expediente de axuda.

5. Se se comprobase nos controis que se cumpriu o obxectivo do proxecto de non investimento ou que se executou como mínimo o 70 por cento do orzamento de non investimento aprobado, en ambos os casos por causas diferentes ás de forza maior ou circunstancias excepcionais, que deberán estar adecuadamente xustificadas polo receptor da axuda e aceptadas pola autoridade competente, exixirase o reintegro das cantidades aboadas, e executarase a garantía de boa execución.

6. O beneficiario terá dereito á axuda unha vez se confirme que se fixeron e comprobado sobre o terreo unha ou varias das operacións previstas na solicitude aprobada, excepto nos casos de forza maior ou circunstancias excepcionais na acepción do artigo 31 do Regulamento (CE) n° 73/2009, do Consello, do 19 de xaneiro de 2009. Nas axudas aprobadas con varias anualidades, o pagamento da axuda correspondente ás operacións finalizadas en cada anualidade terá o carácter de pagamento a conta conforme o establecido no artigo 62 do Decreto 11/2009 polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e aplicarase o réxime de garantías establecido nos artigos 65 e 67 do decreto citado.

7. Só se poderá estimar favorablemente unha solicitude de pagamento cando quede acreditado que o beneficiario está ao día nas súas obrigas tributarias (Ministerio de Facenda e Administracións Públicas) e fronte á Seguridade Social, e que non ten débedas pendentes de pagamento coa Administración pública da comunidade autónoma (Consellería de Facenda).

8. A consellería comprobará que a solicitude de pagamento cumpre os requisitos para abonar a subvención concedida. A comprobación incluirá, como mínimo, unha inspección in situ dos investimentos realizados para cada expediente de axuda.

9. A consellería realizará os pagamentos tras a recepción completa da solicitude de pagamento, antes do 15 de setembro, do exercicio Feaga.

Artigo 12. Liberación de garantías

1. A garantía de boa execución terá validez ata o momento do pagamento do saldo e liberarase cando a autoridade competente acorde a súa cancelación, logo de comprobación administrativa e sobre o terreo da realización do proxecto de investimento e a execución de, polo menos, o 70 por cento do orzamento aceptado en investimentos considerados operativos.

2. A garantía do anticipo liberarase cando a consellería recoñecese o dereito definitivo a percibir a axuda de conformidade co previsto no artigo 19 do Regulamento (CE) n° 555/2008, da Comisión, do 27 de xuño de 2008.

Artigo 13. Incumprimento da resolución de concesión

Se o beneficiario da axuda cumpre as condicións establecidas na resolución de concesión, executando e xustificando todos os conceptos dos gastos aprobados nos prazos establecidos, e cumpre co resto dos requisitos da resolución de concesión, procederá a aboarse a totalidade da subvención concedida.

En caso contrario, existirá un incumprimento, aplicándose os seguintes criterios:

– Cando o beneficiario realice parcialmente e xustifique nos prazos establecidos os investimentos e gastos obxecto da axuda, aboarase a subvención proporcional correspondente sempre que alcancen, polo menos, o 70 % do orzamento subvencionable, corresponda a actuacións rematadas e/ou investimentos operativos, e se cumpra o resto das condicións establecidas.

– Cando o beneficiario non realice, xustifique ou teña operativos nos prazos establecidos investimentos por un importe admisible de, polo menos, o 70 % do investimento subvencionable, existirá un incumprimento total e non se pagará ningunha axuda. Tampouco se pagará ningunha axuda cando se incumpra algunha das condicións establecidas para ese fin.

Artigo 14. Controis

1. As actuacións de control serán realizadas conforme o establecido na normativa comunitaria aplicable, fundamentalmente o previsto no capítulo I e II del título V do Regulamento (CE) n° 555/2008, da Comisión, do 27 de xuño de 2008, no que sexa de aplicación, no Real decreto 548/2013, do 19 de xullo, e nesta orde.

2. A Consellería do Medio Rural e do Mar articulará as medidas de control necesarias para garantir o cumprimento das actuacións previstas nun plan xeral de control que se elaborará o Fondo Español de Garantía Agraria en coordinación coas comunidades autónomas.

3. Como complemento ao plan xeral de control que se estableza, a consellería poderá desenvolver cantas actuacións de control considere precisas.

Artigo 15. Pagamentos indebidos e sancións

1. O beneficiario deberá reintegrar os pagamentos indebidos xunto cos xuros, segundo o establecido no artigo 97 do Regulamento (CE) n° 555/2008, da Comisión, do 27 de xuño de 2008. O tipo de xuro que se vai aplicar será o de demora establecido na correspondente Lei de orzamentos xerais do Estado.

2. O incumprimento do disposto nesta orde será sancionado, logo de instrución do procedimento sancionador, segundo o disposto nos artigos 37 a 45 da Lei 24/2003, do 10 de xullo, e nos artigos 52 a 69 da Lei 38/2003, do 17 de novembro.

Artigo 16. Autorizacións e obrigas do beneficiario

1. De conformidade co artigo 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Consellería do Medio Rural e do Mar publicará no Diario Oficial de Galicia e na súa páxina web oficial, nos termos previstos no artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, as concesións das subvencións convocadas conforme estas bases reguladoras, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e da súa publicación na citada web.

2. Segundo o establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da subvención consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas recibidas, así como ás sancións impostas, se é caso.

3. O beneficiario deberá cumprir as obrigas do artigo 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras axudas, ingresos ou recursos que financien a actividade subvencionada, así como a modificación de calquera das circunstancias que fundamentaran a concesión da axuda.

4. O beneficiario deberase someter, conforme o establecido no artigo 11 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

Artigo 17. Compatibilidade das axudas

Non se financiarán cos fondos do Programa Nacional de Apoio, as medidas que están recollidas nos programas de Desenvolvemento Rural ao abeiro do Regulamento (CE) n° 1698/2005, do Consello, do 20 de setembro de 2005, relativo á axuda ao desenvolvemento rural, e as operacións de información e de promoción de produtos agrícolas no mercado interior e en terceiros países recollidas no punto 3 do artigo 2 do Regulamento (CE) n° 3/2008, do Consello, do 17 de decembro de 2007. No entanto, para a medida de investimentos e segundo o establecido no artigo 54.1, os compromisos de investimento aprobados desde o 1 de xullo de 2014 para os produtos mencionados no anexo XI ter do citado Regulamento (CE) n° 1234/2007, do Consello, do 22 de outubro de 2007, deberanse financiar exclusivamente cos fondos do Programa de Apoio ao sector vitivinícola español.

En ningún caso estas axudas poderán ser acumuladas ou completadas con outras axudas nacionais ou das comunidades autónomas dedicadas á mesma finalidade.

Sección 2ª. Convocatoria de axudas para 2014

Artigo 18. Convocatoria

Convócanse, de acordo coas bases reguladoras establecidas na sección primeira desta orde, as axudas para a execución de medidas de investimento do sector vitivinícola para o ano 2014.

Artigo 19. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria asi como de toda a documentación requirida sinalada no punto 2 do artigo 5 desta orde, rematará o 31 de xaneiro de 2014. No entanto, no caso de que o investimento inclúa a construción de novas superficies cubertas ou ampliación das existentes, o solicitante terá un prazo adicional de dous meses para presentar a preceptiva licenza de obras.

Artigo 20. Financiamento das axudas

O financiamento das axudas previstas nesta orde procede do Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e farase de conformidade co artigo 3 do Regulamento (CE) nº 1290/2005, do Consello, do 21 de xuño, sobre o financiamento da política agrícola comunitaria, con cargo á aplicación orzamentaria 12.20.713-D.770.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014, cunha dotación de 3.500.000 €, así como para o exercicio 2015, con 2.450.000 €, para o exercicio 2016 con 2.100.000 €, e para o exercicio 2017 con 1.750.000 €.

Esta dotación poderase ver incrementada con fondos transferidos do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente de acordo co previsto no Real decreto 548/2013, do 19 de xullo, e con outros remanentes orzamentarios, sen prexuízo de posteriores variacións producidas como consecuencia de modificacións orzamentarias.

Esta orde tramítase conforme o establecido na orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, relativa á tramitación anticipada de expedientes de gasto, polo que queda condicionada a súa eficacia a que exista crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o próximo ano 2014 aprobados polo Consello da Xunta de Galicia, e en trámite parlamentario actualmente.

Disposición adicional única

En todas aquelas cuestións non previstas nesta orde será de aplicación o disposto nos regulamentos (CE) 1234/2007, do Consello, do 22 de outubro; (CE) 555/2008, da Comisión, do 27 de xuño; (UE) 772/2010, da Comisión, do 1 de setembro; (UE) 568/2012, da Comisión, do 28 de xuño; Regulamento de execución 202/2013, da Comisión, do 8 de marzo; no Real decreto 548/2013, do 19 de xullo, para a aplicación das medidas do programa de apoio 2014-2018 ao sector vitivinícola español; na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, que a desenvolve; na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, que a desenvolve.

Así mesmo, serán tidas en conta as instrucións específicas ditadas para a aplicación destas normativas pola Unión Europea, Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, e Consellería do Medio Rural e do Mar en función das súas competencias.

Disposición derradeira primeira

Facúltase o secretario xeral do Medio Rural e Montes para ditar as instrucións que sexan necesarias para a execución desta orde.

Disposición derradeira segunda

Esta orde entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2013

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar

ANEXO I
Gastos non considerados subvencionables

1. Os gastos de constitución e primeiro establecemento.

2. A compra de terreos e os gastos relacionados con esta (honorarios de notario, impostos e similares).

3. A compra de edificios que vaian ser derribados. Se a compra dun edificio é obxecto de axuda, o valor do terreo construído e o do que rodea o edificio, valorado por técnico competente, non se considera subvencionable.

4. A compra de edificios ou locais se estes foron subvencionados nos últimos dez anos. Para iso achegarase declaración das subvenciones recibidas polo edificio ou o local durante os últimos dez anos. Tampouco serán subvencionables os investimentos en reformas de locais que foron subvencionados anteriormente polas administracións públicas e non transcorresen cinco anos desde a súa finalización.

5. Traballos ou investimentos empezados ou realizados, salvo os seguintes, anteriores a un ano da data de solicitude:

a) Honorarios técnicos, gastos de estudos de viabilidade económica, técnica, xeotectónica, de mercado, e similares, a adquisición de patentes e licenzas, e gastos relacionados cos permisos e seguros de construción. Non terán a consideración de gastos auxiliables as taxas ou outros impostos.

b) Acopio de materiais de construción e encargo ou compra de maquinaria, incluso a subministración, pero non a montaxe, a instalación e a proba.

6. Obras de ornamentación e equipos de recreo salvo nos investimentos en que se recollan actividades de comercialización, nese caso son financiables, os gastos previstos con fins didácticos ou comerciais (salas de cata, salas de proxección, televisores, vídeos, catálogos e similares).

7. A compra de material amortizable normalmente nun ano (botellas, embalaxes, material funxible de laboratorio e similares). As tarimas, caixóns-tarima e caixas de campo teñen unha duración de vida superior a un ano e son, polo tanto, auxiliables, coa condición de que se trate dunha primeira adquisición ou dunha adquisición suplementaria, proporcional a unha ampliación prevista, e de que no sexan vendidos coa mercadoría.

8. Os investimentos que figuren na contabilidade como gastos.

9. A compra e instalación de maquinaria e equipos de segunda man.

10. Os gastos relativos ao traslado de maquinaria xa existente ata o local ou emprazamento no que se vaia realizar o proxecto.

11. As reparacións e obras de mantemento. Non teñen a consideración de reparacións as operacións realizadas sobre maquinaria instalada para ampliar a súa capacidade ou mellorar as súas prestacións.

12. O imposto do valor engadido (IVE) ou calquera outro imposto recuperable polo beneficiario.

13. As edificacións destinadas a vivenda.

14. Vehículos, salvo os de transporte interno nas instalacións.

15. Os gastos de aluguer de equipos de produción e os investimentos financiados mediante arrendamento financeiro.

16. A man de obra propia nin os materiais de igual procedencia.

17. O gastos por transaccións financeiras, xuros debedores ou de demora, as comisións por cambio de divisas e as perdas, así como outros gastos puramente financeiros.

18. As multas, sancións financeiras e gastos de procedementos legais.

19. Os investimentos de mera substitución.

Outros investimentos non auxiliables

1. Na elaboración de viños protexidos por algunha figura de calidade non serán subvencionables os depósitos, maquinaria ou instalacións que non contribúan á obtención de produtos de calidade, tales como:

– As prensas coñecidas como continuas, nas cales a presión é exercida por un parafuso de Arquímedes no seu avance sobre un contrapeso.

– A máquinas estrulladoras de acción centrifuga, de eixe vertical.

– As prácticas de prequecemento da uva ou quecemento dos mostos ou dos viños en presenza de bagazos tendentes a forzar a extracción de materia corante.

2. A compra de barricas, salvo que sexan de nova adquisición, ou supoñan un aumento do parque de barricas por incremento da capacidade da adega.

3. A construción ou adquisición de depósitos non revestidos de material inerte.

ANEXO II

Criterios de valoración

Puntuación

máxima

1. Características do solicitante:

 

1.1. Pequena e mediana empresa

5 puntos

1.2. Muller ou mozo agricultor

2 puntos

1.3. SAT ou cooperativa menor de 150 socios

3 puntos

1.4. Cooperativa maior de 150 socios

4 puntos

1.5. Cooperativa de 1º grao maior 250 socios e resultante dun proceso de fusión nos dous últimos anos anteriores á solicitude

5 puntos

1.6. Cooperativa acollida á Orde APA/180/2008, do 22 de xaneiro

6 puntos

1. Subtotal

25 puntos

2. Calidade e eficacia do proxecto:

 

2.1. Polo menos o 50 % do custo do investimento realízase con fondos propios

5 puntos

2.2. O solicitante pertence a unha DOP/IGP ou outra figura de calidade recoñecida

5 puntos

2.3. Proxecto do investimento destinado á transformación e comercialización da produción propia do solicitante

10 puntos

2.4 Creación de emprego neto respecto á media dos 3 anos anteriores

5 puntos

2.5. Nivel de capacitación e profesionalización (incorporación de enólogo ou técnico equivalente)

2 puntos

2.6. O solicitante dispón de certificación de aseguramento da calidade (BRC; IFS, ISO 9000) ou ambiental

3 puntos

2. Subtotal

30 puntos

3. Características do proxecto:

 

3.1. O transformador mantén vínculo contractual cos vitivinicultores

5 puntos

3.2 O investimento realízase en territorio insular

3 puntos

3.3. Implantación internacional e experiencia exportadora

5 puntos

3.4. Estrutura e capacidade técnica propia para a execución do proxecto

5 puntos

3.5. O investimento supón o traslado das instalacións de zona urbana a industrial

7 puntos

3. Subtotal

25 puntos

4. Capacidade de resposta comercial:

 

4.1. Dispoñibilidade de distribución no mercado de destino

5 puntos

4.2. Alcanzar polo menos o 10 por cento de exportación sobre o total de facturación de vendas durante o período de durabilidade do investimento

5 puntos

4.3. Incrementar polo menos un 10 por cento do volume de vendas en produto embotellado/envasado durante o período de durabilidade do investimento

10 puntos

4. Subtotal

20 puntos

Total

100 puntos

5. Índices correctores (aplícanse sobre do total):

 

5.1. Se o proxecto inclúe produción, transformación e comercialización

Total × 1,10

5.2. Se o proxecto ten por obxectivo a comercialización internacional

Total × 1,20

Anexo V
Proxecto de investimento

Constará como mínimo de:

A. Información técnica:

Incluirá unha memoria explicativa das actuacións e operacións que compoñen o proxecto, cunha xustificación razoada dos investimentos que é necesario acometer para conseguir eses fins. Así mesmo, especificaranse os medios propios ou externos cos cales se contará para o desenvolvemento do proxecto e se indicará a localización exacta dos investimentos, en particular, cando se trate de investimentos en comercialización que se realizará fóra de Galicia.

Incluirase ademais a seguinte información:

1. Unha relación desagregada e cuantificada dos investimentos en:

1.1. Urbanización: nas que se indicarán dimensións, características, medicións, materiais e custos desagregados por unidades obra.

1.2. Construcións: nas que se indicarán dimensións e características (distribución de superficies e destino destas, xustificación do dimensionamento), medicións, materiais e custos desagregados por unidades obra.

1.3. Instalacións: nas que se indicarán dimensións e características, medicións, materiais e custos desagregados por unidades de obra, para cada tipo de instalación (auga, electricidade, vapor, depuración e tratamento de residuos, frío etc.).

1.4. Maquinaria e equipos: indicando para cada liña de produción as características técnicas de cada elemento, así como o seu custo.

1.5. Estudos, proxecto, dirección de obra e adquisición de patentes e licenzas: características e custos.

Incluirá, así mesmo, un resumo do orzamento previsto por conceptos.

Nos capítulos de edificios e construcións, instalacións e maquinaria indicarase a súa localización mediante os planos que se consideren necesarios. O dimensionamento e uso dos locais e superficies construídas débense xustificar.

2. Planos:

Polo menos os seguintes:

– Plano de situación e localización.

– Plano no cal se especifiquen, se é o caso, as actuacións previstas en urbanización, delimitando con precisión as superficies de actuación.

– Plano xeral de conxunto de obras e instalacións básicas, antes e despois do investimento.

– Plano de distribución da maquinaria e outras instalacións, antes e despois do investimento.

– Planos acotados de seccións e alzados antes e despois do investimento.

3. Xustificación dos investimentos.

Para o investimento obxecto da axuda, xustificarase o custo previsto da seguinte forma:

3.1. Urbanización, construcións e instalacións: factura pro forma ou orzamento de empresa construtora ou instaladora e desagregado por unidades de obra.

3.2. Maquinaria, equipos e outros conceptos: ofertas ou facturas pro forma dos subministradores.

Para todos os gastos incluídos na solicitude de axuda deberanse solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo, salvo que, polas especiais características dos gastos subvencionables, non exista no mercado suficiente número de entidades que o fornezan ou presten, circunstancia que deberá ser xustificada. Non se considerarán subvencionables os conceptos incluídos na solicitude de axuda dos que non se acredite o cumprimento deste requisito.

A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía e débese xustificar expresamente nunha memoria a elección, baseada nos criterios sinalados, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. No caso de non ser así, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica máis vantaxosa.

En todo caso, o solicitante presentará unicamente a factura pro forma ou oferta elixida para cada concepto dos investimentos, xunto con un cadro resumen asinado e que figura como anexo VII, no cal se indicarán, para cada elemento, as ofertas solicitadas, a oferta elixida, o criterio de elección e a xustificación, se é o caso, da elección da oferta económica distinta da máis vantaxosa, e/ou da inexistencia no mercado de suficiente número de subministradores.

4. Calendario de execución.

Indicarase o calendario de execución correspondente ao investimento pagado e verificable fisicamente en cada anualidade (ata o 30 de abril).

4.1. Nos capítulos de urbanización, construcións e instalacións incluirase en cada anualidade a previsión de unidades de obra executadas (que se poderán verificar fisicamente) e pagadas.

4.2. Nos capítulos de maquinaria, equipos e outros gastos incluirase en cada anualidade os elementos que se pagarán na súa totalidade e vaian estar subministrados pola empresa provedora.

B. Información xeral, económica, financeira e social.

1. Situación actual:

– Descrición resumida de actividades desenvolvidas.

– Indicar o tipo de empresa (micro/pequena/mediana/empresa intermedia) tal como se definen na Recomendación 2003/361/CE da Comisión (DO L 124 do 20.5.2003). Conforme iso, para a súa determinación terase en conta a súa facturación, balance (no caso de sociedades) e número de empregados, calculados sen prexuízo do sinalado na Recomendación 2003/361/CE da seguinte forma:

• Se a empresa non participa nin está participada en máis dun 25 % por outras empresas, os datos serán os da propia empresa.

• Se a empresa participa e/ou está participada en máis dun 25 % por outras empresas, os datos serán os das contas consolidadas do grupo empresarial, ás cales se sumarán, se é o caso:

– Os datos das empresas nas cales participa e/ou está participada en máis dun 50 % e non incluídas nas contas consolidadas.

– A parte proporcional (á participación) dos datos das empresas nas cales participa e/ou están participadas nun 25-50 % e non incluídas nas contas consolidadas.

Se a empresa é de nova constitución, os datos que se considerarán serán os previsionais.

En todo caso, se a empresa participa e/ou está participada en máis dun 25 % por outras empresas, débense indicar expresamente as empresas nas que participa e/ou está participada, así como as porcentaxes de participación e os datos de facturación, balance e número de empregados desas empresas.

– Se o peticionario é unha persoa física, indicar se se trata dun mozo agricultor, que, segundo a definición recollida na Lei 19/1995, do 4 de xullo, é a persoa que teña cumpridos os dezaoito anos e non teña cumprido os corenta anos e exerza ou pretenda exercer a actividade agraria.

– No caso de cooperativas e SAT, indicar o número de socios que a compoñen, se é resultante dun proceso de fusión nos dous últimos anos anteriores á solicitude e se está ou non acollida á Orde APA/180/2008, do 22 de xaneiro.

– Produción: descrición do proceso. Capacidade de produción (referirase á capacidade inscrita no Rexistro de Industrias Agrarias, se é o caso). Instalacións e tecnoloxía dispoñible. Produtos vendidos: tipos, cantidades e prezos de venda.

– Comercialización: indicar para cada tipo de produto os seus destinos e as principais canles de comercialización. Indicar a implantación internacional e a experiencia exportadora, indicando o número de anos que se leva exportando, cantidades exportadas, países de destino e sistemas de distribución en cada destino.

– Materias primas utilizadas. Procedencia (produción propia ou adquisición a terceiros), a relación cos produtores, e os prezos medios pagados.

No caso de materia prima propia, indicar cantidades e porcentaxe sobre o total de materias primas utilizadas.

No caso de ter contratos escritos con produtores agrarios, deberase incluír unha relación totalizada deles que conteña o DNI/NIF do produtor e cantidades contratadas ou superficies de produción afectadas, así como unha fotocopia dos contratos. No caso de existir contratos-tipo homologados deberase incluír, así mesmo, e se é o caso, unha relación independente deles totalizada que conteña o DNI/NIF do produtor e cantidades contratadas ou superficies de produción afectadas, así como unha fotocopia dos contratos.

– Outros consumos do proceso produtivo, indicando os prezos de compra.

– Persoal: relación dos traballadores existentes por categorías laborais e o período de ocupación (días/ano). Custo total.

– Outros gastos de explotación: servizos, gastos financeiros, amortizacións, subministracións...

Acompañar balance e contas de resultados dos tres últimos anos. No caso de persoas físicas, declaración da renda dos últimos tres anos. Se a empresa ten ou forma parte dun grupo empresarial débese presentar tamén o balance e contas consolidadas do último ano do grupo.

2. Situación tras o investimento.

– Indicar en que medida o investimento afectará a capacidade de produción, tecnoloxía utilizada, producións, materias primas utilizadas, relación con produtores, comercialización, persoal contratado. Realizarase unha análise comparativa tendo en conta a situación inicial presentada no punto 1 e a incidencia dos investimentos sobre as materias primas utilizadas e os produtos transformados/comercializados.

– No caso de novas industrias, indicar expresamente as previsións a curto prazo nas relacións cos produtores (materias primas agrarias, contratos escritos ou homologados previstos).

– Contas de explotación previsionais para os tres exercicios consecutivos desde o comezo dos investimentos. Estimaranse as variacións previsibles como consecuencia dos investimentos e respecto da situación actual nos seguintes aspectos:

– Vendas: volume e estimación xustificada do prezo probable da venda.

– Custos: compras de materias primas.

– Gastos variables: persoal, subministracións e servizos, portes etc.

– Previsión de balances (en sociedades) e contas de resultados para os próximos tres anos.

3. Financiamento dos investimentos.

Recursos propios. Subvencións. Créditos e préstamos, indicando a repartición dos distintos préstamos subscritos ou que se pretendan subscribir cos seus respectivos tipos de xuro e prazos en anos. Outras fontes de financiamento.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file