Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 23 de decembro de 2013 Páx. 49482

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1275/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1275/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Josefa Alén Núñez contra a empresa Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A., Galicia Saudade, S.L., Concello de Arteixo, administración concursal de Galicia Saudade, S.L., Instituto de Gestión Sanitaria, S.A.U.-Ingesan, coa intervención do Fondo de Garantía Salarial e o Ministerio fiscal, sobre despedimento, se ditou sentenza con data do 25 de novembro de 2013, cuxa resolución literalmente di así:

«Que debo desestimar e desestimo a demanda de despedimento interposta por Josefa Alén Núñez, contra Concello de Arteixo e, en consecuencia, debo absolvelo das pretensións formuladas na súa contra.

Que debo estimar e estimo subsidiariamente a demanda que en materia de despedimento foi interposta pola demanda por despedimento disciplinario, formulada por Josefa Alén Núñez, contra a entidade Galicia Saudade, S.L., administración concursal de Galicia Saudade, S.L., Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A. e Instituto de Gestión Sanitaria, S.A.U. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que a foi obxecto a demandante con data do 13 de outubro de 2012, e condeno solidariamente a que as entidades Galicia Saudade, S.L., Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A., Instituto de Gestión Sanitaria, S.A.U. (Ingesan), no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza, opten entre a readmisión inmediata da demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, con aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascenden a 39,75 euros diarios, ou ben ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 20.481,19 euros.

O aboamento da indemnización determinará a extinción do contrato de traballo, que se entenderá producida na data do cesamento efectivo no traballo.

No suposto de non optar o empresario pola readmisión ou pola indemnización, enténdese que procede a primeira.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes, e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da LRXS, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, co número 47570000, código 36 e número expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Para que conste e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Galicia Saudade, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 2 de decembro de 2013

A secretaria xudicial