Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 23 de decembro de 2013 Páx. 49528

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 4 de decembro de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infraccións administrativas na orde social 2013/0014-0.

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, por esta cédula notifícaselle á empresa relacionada no anexo a resolución recaída no expediente sancionador en materia de relacións laborais, para que poidan ter coñecemento da dita resolución os interesados no expediente.

Son informadas de que a dita resolución non pon fin á vía administrativa e que aos interesados asisteos o dereito a formular recurso de alzada, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, ante a conselleira de Traballo e Benestar, segundo establecen os artigos 114 e 115 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Así mesmo, son informados do seu dereito a consultar o expediente nas dependencias dos servizos centrais da Consellería de Traballo e Benestar, na Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, sita en Santiago de Compostela, Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, e a obter copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social

ANEXO

Empresa: Moure Pan, S.L.

Enderezo: Vía Nobel, 8. Polígono do Tambre. Santiago de Compostela.

Nº expte.: RL 2013/0014-0.

Acta de infracción: 64307/2013/1/T.

Data resolución dirección xeral: 18 de outubro de 2013.

Preceptos infrinxidos: artigos 4.2.f) e 64 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Preceptos sancionadores: artigos 8.1 e 7.7 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Sanción imposta: 15.626 €.