Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 20 de decembro de 2013 Páx. 49179

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2013, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, pola que se resolven os expedientes de clasificación 1/2013, 2/2013 e 3/2013.

Para os efectos previstos no artigo 28 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión que tivo lugar o 27 de novembro de 2013 na sala de xuntas da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, baixo a presidencia en funcións de Ramón Rozadillas Valverde, e coa asistencia dos vogais David Díaz Losada, José Antonio Rojo Fernández e da secretaria Lucía Belver Quiroga, ditou a resolución de clasificar como veciñais en man común os seguintes montes:

– Expediente número: 1/2013.

Nome: de Goberno (ampliación).

Pertenza: veciños da parroquia de Goberno.

Concello: Castro de Rei.

Superficie: 10 hectáreas, 35 áreas e 88 centiáreas.

Estremas:

Parcela 501, do polígono 5:

Norte: pista de concentración parcelaria de Goberno.

Sur: pista de concentración parcelaria de Goberno e M.V.M.C. de Goberno (expediente 36/79), todas no polígono 5.

Leste: predios particulares de Adolfo Tella Rego (parcela 502), Mª Josefa Pacio Campo (parcela 503), todas no polígono 5.

Oeste: pista de concentración parcelaria de Goberno.

Parcela 462, do polígono 5:

Norte: predios particulares de Olivia García Pena, Sergio Fernández Rodríguez (parcela 463), Antonio Estea García, Modesta Fernández Rodríguez (parcela 464).

Sur: predios particulares de Constantino Vila Barreiro, Leovigildo García Fernández (parcela 460) e pista de concentración parcelaria de Goberno, todas no polígono 5.

Leste: predios particulares de Serafín Fernández Cobas, Magdalena Rubio González (parcela 459), todas no polígono 5, e M.V.M.C. de Goberno (expediente 36/79).

Oeste: pista de concentración parcelaria de Goberno.

– Expediente número: 2/2013

Nome: de Rubián de Cima (ampliación).

Pertenza: veciños da parroquia de Rubián de Cima.

Concello: O Incio.

Superficie: 1 hectáreas, 86 áreas e 18 centiáreas.

Estremas:

Parcela 1479, do polígono 2:

Norte: estrada de Rubián a Cervela.

Sur: predios particulares de Carmen López Corral (parcela 100), Clara López Pereiro (parcela 99), Antonio Pereiro Ganoso (parcela 98), Carmen López Corral (parcela 97), todas no polígono 2.

Leste: estrada de Rubián a Cervela.

Oeste: predios particulares de herdeiros de José Rodríguez López e José Gómez Franco (parcela 102), M.V.M.C. de Rubián de Cima (expediente 25/77) (parcela 1481), todas no polígono 2.

– Expediente número: 3/2013.

Nome: de Trasliste (ampliación).

Pertenza: veciños da parroquia de Trasliste.

Concello: Láncara.

Superficie: 2 hectáreas, 69 áreas e 52 centiáreas.

Estremas:

Parcelas 860 e 861 do polígono 11:

Norte: termo municipal do Corgo e predio particular de herdeiros de Manuel Díaz Parajua (polígono 11, parcela 442).

Sur: predios particulares de Manuel Montes Rivas (polígono 11, parcela 61), Manuel Seijas Capón (polígono 11, parcela 705) e Luis Seijas López e Araceli Rodríguez Santón (polígono 11, parcela 427).

Leste: predios particulares de José Villaverde Mourelo (polígono 11, parcela 870), Manuel Seijas Capón (polígono 11, parcela 426) e Luis Seijas López e Araceli Rodríguez Santón (polígono 11, parcela 815).

Oeste: termo municipal do Corgo.

Contra esta resolución e desde a súa notificación ou publicación, poderá interporse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, de conformidade co disposto no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, en relación co artigo 12 da Lei de montes veciñais en man común e o artigo 28 do seu regulamento, modificados os dous preceptos legais pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 3 de decembro de 2013

José Ramón Losada Fernández
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo