Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 20 de decembro de 2013 Páx. 49167

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Zas (expediente IN407A 2013/138).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Electra de Zas, S.L.

Domicilio social: Vilar do Mato, 27, 15850 Zas.

Denominación: LMTS, CT e RBT Langueirón II e anexo.

Situación: concello de Zas.

Características técnicas:

Liña subterránea de media tensión a 20 kV, cunha lonxitude de 0,650 km, con orixe en apoio de formigón HVH-2000/14 (expediente 51.027) e final no centro de transformación proxectado, en condutor RHZ1-OL 3×1×95 mm2.

Centro de transformación en edificio, cunha potencia de 100 kVA e relación de transformación de 20.000/400/230 V.

Rede de baixa tensión subterránea, dunha lonxitude de 0,195 km, en condutor RV 0,6/1 kV 4×240 Al.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 20 de novembro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña