Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 19 de decembro de 2013 Páx. 48994

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 25 de novembro de 2013 pola que se notifica o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 26 de setembro de 2013 mediante o que se resolve o recurso de reposición do predio número 20 sito en Ourense, relativo ao proxecto 00877 (expediente 2010/002397).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante a presente cédula a José Manuel Feijoo González o acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 26 de setembro de 2013, mediante o que se resolve o recurso de reposición do predio nº 20 sito en Ourense, relativo ao proxecto 00877, expediente 2010/002397, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2013

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o que se expropia: 00877 Área de Repartición 38-0, rúa do Abrevadeiro. Expediente 194/09. TM Ourense.

Nº expediente: 2010/002397.

Persoa a que se notifica: José Manuel Feijoo González.

Expropiante: Concello de Ourense (Neg. Xestión Urbanística).

Expropiado: José Manuel Feijoo González.

Beneficiario: Concello de Ourense (Neg. Xestión Urbanística).

Predio nº: 20.

Concello: Ourense.

Provincia: Ourense.

Valoración resolución do Xurado: 18.722,81 €.