Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 19 de decembro de 2013 Páx. 48829

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 21 de xuño de 2013, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, cofinanciadas polo FSE, e se procede á súa convocatoria (Diario Oficial de Galicia número 124, do 2 de xullo de 2013).

De conformidade co disposto no artigo 15.1º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 23 da Resolución do 21 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres e se procede á súa convocatoria, procédese á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da citada Resolución do 21 de xuño de 2013.

Finalidade da axuda: estas axudas teñen como finalidade fortalecer e consolidar o movemento asociativo de mulleres, por ser un elemento indispensable na promoción da igualdade de oportunidades, a través das seguintes liñas:

Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar gastos correntes que orixine o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e as súas federacións.

Liña 2: promoción de accións que presten atención á investigación e á recuperación da historia das mulleres, así como á xeración de referentes e xenealoxías de mulleres, destinadas a compensar gastos correntes e/ou de persoal producidos polo desenvolvemento de programas dirixidos a calquera destas finalidades.

Liña 3: promoción de hábitos de vida saudables, destinada a compensar gastos correntes e/ou de persoal producidos polo desenvolvemento de actividades destinadas a esta finalidade.

Liña 4: promoción e accións de prevención da violencia de xénero así como de atención (protección, asistencia e/ou acompañamento) a mulleres que a sofren, destinadas a compensar gastos correntes e/ou de persoal producidos polo desenvolvemento de programas dirixidos a calquera destas finalidades.

Norma reguladora: Resolución do 21 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres e se procede á súa convocatoria.

Crédito orzamentario: 28.901,73 euros.

Partida orzamentaria: 05.11.313B.480.0.

Cofinaciada ao 80 % polo Fondo Social Europeo a través do Programa operativo de Galicia 2007/13, eixo: 2, tema prioritario: 69.

Entidades beneficiarias da subvención e importe concedido a cada unha delas: ver anexo.

A Coruña, 20 de novembro de 2013

María Barreiro Lázare
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Subvencións concedidas:

Crédito asignado: 28.526,60 €.

Liña 1: consolidación do movemento asociativo

DNI/CIF

Entidade

Importe

G15592801

A.M. e Familias Ámbito Rural Galego - Amfar

3.000,00

G15049034

As. Prov. Amas de Casa, Consum. e Usuarios

2.634,00

Liña 3: promoción de hábitos de vida saudables

DNI/CIF

Entidade

Importe

G15173263

Asociación Integro

3.000,00

G15766918

Asoc. MM.RR. A Maristela

2.305,25

G70180229

Asociación Redmadre Coruña

2.610,30

G15932825

Asoc. Mulleres Rurais Arume

1.262,30

G70101647

Fademur (Fed. de Asoc. Mulleres Rurais Gal.)

2.250,78

G15546104

A. MM.RR. Río Ulla

767,62

G15830375

Asoc. Cultural Mulleres O Cantón

1.037,31

G15923113

Asociación de Mulleres Rurais Ceres

1.660,87

G15901176

Asociación Mulleres Rurais Amurusa

911,70

Liña 4: promoción e accións de prevención da violencia de xénero

DNI/CIF

Entidade

Importe

G70223417

Asociación Mulleres Discapacidade de Galicia

3.000,00

G70312954

Asociación Mirabal

1.788,17

G15717721

As. de Loita Contra os Malos Tratos (Almat)

2.298,30