Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 18 de decembro de 2013 Páx. 48754

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 27 de novembro de 2013 pola que se notifica o acordo de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística COR/49/2013, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou o día 28 de outubro de 2013 incoar expediente de reposición da legalidade urbanística a Diego Vigo Bermúdez, en relación coas obras que se executan en solo rústico, sen autorización urbanística autonómica, consistentes no peche de parcela, construción de vivenda, soleiras, instalación de dúas caixas contedor de camión, invernadoiro e construción de madeira e chapa, no lugar de Corgo, Rialiño, Laíño, no termo municipal de Dodro, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcurrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretendan valerse.

Para que conste, e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística