Advertidos erros na Orde do 9 de decembro de 2013 publicada no DOG nº 240, do 17 de decembro de 2013, cómpre facer as oportunas correccións:
Na páxina 48355, onde di:
«O nomeamento como vogais no Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña, en representación da Comunidade Autónoma de Galicia, de Beatriz Mato Otero, Manuel Pose Miñones e Alfonso García Magariños»,
Debe dicir:
«O nomeamento como vogais no Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña, en representación da Comunidade Autónoma de Galicia, de Beatriz Mato Otero, José Carlos Calvelo Martínez e Alfonso García Magariños».