Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 17 de decembro de 2013 Páx. 48477

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2013 pola que se anuncia a licitación para a contratación do servizo suxeito a regulación harmonizada do transporte das obras de arte da exposición temporal Auga doce, licitado polo procedemento aberto con pluralidade de criterios.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: servizo.

Descrición do obxecto: servizo suxeito a regulación harmonizada do transporte das obras de arte da exposición temporal Auga doce, licitado polo procedemento aberto con pluralidade de criterios.

Prazo de execución: ata o 14 de outubro de 2014.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: anticipada.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación.

Importe sen IVE: 413.223,14 €.

IVE (21 %): 86.776,86 €.

Importe total: 500.000,00 €.

5. Garantías.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información.

O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas da obra poderán ser examinados na Área de Contratación da Axencia Turismo de Galicia.

Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19897

Información de índole técnica; teléfono: 981 54 62 25.

Información de índole administrativa; teléfono 981 54 74 99.

7. Requisitos específicos do contratista.

Exíxese clasificación no grupo R, subgrupo 4, categoría D.

Solvencia técnica específica: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 11 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

Data límite de presentación: 7 de xaneiro de 2014.

Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no Rexistro da Axencia Turismo de Galicia, praza de Mazarelos 15, 15703 Santiago de Compostela, en sobre pechados. Se as proposicións se cursan por correo haberá que atenerse ao previsto na cláusula 13.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura dos sobres B e C terá lugar na Sala de Xuntas da Axencia Turismo de Galicia na data e na hora que será anunciada, con 3 días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo DOG por liña é 10,82 €.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2013

P.A. (Artigo 19.6 Decreto 196/2012; DOG nº 193, do 9 de outubro)
Mª Elena Barca Ramos
Xerente de Turismo de Galicia